Andrés Lapique Dobarro


Pseudónimo:Andrés do Barro
Categoría: Compositor e cantante
Data de Nacemento: En 1947 (†22 de decembro de 1989)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Comezou tocando o baixo eléctrico en pequenos conxuntos musicais. Trala aparición de ‘La Charanga’ de Juan Pardo e do conxunto Voces Ceibes, Andrés Dobarro animouse a producir a súa carreira musical en galego, tendo que vencer moitas dificultades ante a presión das casas discográficas.

 Obras realizadas

En 1969 gravou o seu primeiro disco titulado “O Tren”, ó que seguiron outros éxitos como “Me llamo Andrés” (1970), “Corpiño Xeitoso”, “San Antón”, “Pandeirada” (1971), “Meu Amor” (1971), etc. Compaxinando a producción en galego e castelán, converteuse nun ídolo na década dos anos 70, chegando a protagonizar a película de Mariano Ozores “Red de mi Canción”.