Titulado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade a Distancia (UNED).
Cursa o Master of Business Administration do International Institute of Management Development (IMD) de Lausana (Suíza).
A súa carreira profesional desenvólvese en Caixa Galicia onde ocupa sucesivamente a Dirección do seu Departamento de Estudos, a Coordinación Xeral para a Moeda Única e a Dirección da Banca Virtual da Entidade galega.
Ademais, actuou como asesor para diversos lanzamentos de proxectos en Suíza e na República Checa.
Participou asemade en decenas de Congresos, Seminarios e Conferencias profesionais, a meirande parte deles celebrados no triángulo norte da península.
Colaborou con máis dun cento de artigos de contido económico, político, empresarial ou cultural en distintas publicacións ademais de formar parte do Faladoiro da Radio Galega durante dous anos.
Na actualidade (2010) é colaborador habitual de ‘Xornal de Galicia’ e máis de ‘Vieiros’. Publicou en 1998 o libro "De la peseta al euro".
Compaxina a súa faceta profesional coa creación literaria. En 2005, publicou o libro de relatos Cabilia, en 2008 a novela A trenza, e xa en 2010, Klásicos, a súa última novela polo momento.