Andrés Castro García


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 16 de marzo de 1976
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

“Crítico de cinema, guionista, pai a tempo completo e funcionario no tempo libre”. Define así a súa vocación, prioridades e sentido do humor.

Desde xuño de 2013 é o colaborador de cabeceira da sección de cinema do xornal Sermos Galiza (Nós Diario).

Dirixiu e guionizou diversas curtametraxes, entre as que destacan:

Atopando o camiño (2019), guionista, codirector e coproductor, gañadora do Premio Especial do Xurado e Premio á Mellor Actriz no “Festival Internacional de Cine Infantil e Joven Juna Kino de México”, ou Autoestima (2020), copoductor, merecedora do Premio a Mellor Documental no “Festival de Cine Estudiantil de Montevideo FENACIES”.

 Obras realizadas

Como crítico de cinema participou na obra colectiva, coordinada por Miguel Anxo Fernández, “Vaca Films. Paixón polo cinema”, 2019, publicado polo Festival Internacional de Cinema de Ourense.

Como guionista escribiu, xunto con Ozo Perozo, a banda deseñada “Sentinelas da lúa carmesí”, 2023, da Editorial Galaxia, debuxada por Alexandre Senande.

 Outros datos de interese

É membro da “Asociación Galega da Crítica” e da “Asociación Galega de Guionistas” (AGAG). Tamén participou como xurado no Festival Curtocircuíto e no Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM).