Nuria Rodríguez López


Categoría: Investigadora e profesora
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais (sección Empresariais), é doutora de Administración e Dirección de Empresas. Participa como asistente e relatora en cursos e congresos relacionados tanto con metodoloxías investigadoras e aspectos económico-empresariais como con aspectos de mellora e innovación docentes e a súa adaptación a Europa.

 Obras realizadas

É autora de artigos como “Las nuevas tecnologías y el valor añadido empresarial” (Revista das Facultades de Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais, ICADE, nº 57), “O comercio electrónico e a asimetría da información: unha aproximación desde os custos de transacción” (Revista Galega de Economía, vol. 12 nº 1), “Situación actual de las certificaciones de calidad en la Comunidad Autónoma de Galicia” (Forum Calidad, nº 152), “Incidencia de las certificaciones ISO 9000 en el sector gallego de la construcción” (Forum Calidad, nº 156) ou “La cadena de valor en Internet: análisis de su estructura y agentes participantes” (Revista de la Contratación Electrónica, nº 62). Así mesmo, ten participado nos libros titulados “El turismo rural en Galicia”, “El sector de los transportes” e “Industria e Mercado”.

 Outros datos de interese

Profesora do departamento de Organización de Empresas e Marketing na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.
Relatora en cursos coas temáticas “Evolución e situación actual do turismo rural”, “Corredores de mercadorías” e “Almacenamento e xestión de stocks” e titora de proxectos finais de Máster sobre creación de empresas.
Participante en diversos proxectos de investigación como os titulados “O sector das Telecomunicacións en Galicia: análise de posicionamento estratéxico e determinación das perspectivas de futuro mediante a potenciación das novas tecnoloxías da información” e “Análise do tecido empresarial ourensán baixo o modelo EFQM”.