Antón Losada Diéguez


Categoría: Escritor e activista político
Data de Nacemento: En 1884 (†15 de outubro de 1929)
Lugar de Nacemento: Boborás (Ourense)
 Currículum

A súa nenez transcorre entre o pazo de Moldes (Boborás) e A Estrada, pero fundamentalmente nesta vila. Estudia Letras na Universidade de Deusto, onde se gradúa en 1906. Logo volverá a Galicia e permanecerá ata 1911. Nestes cinco anos simultanea a actividade académica en Compostela coas súas primeiras incursións políticas entrando en contacto coas ideas do rexionalismo. En 1911 trasládase a Madrid e gaña as oposicións a Cátedras de Instituto sendo destinado a Toledo. En 1914 volve a Ourense participando activamente na vida cultural da cidade. Ó igual que os seus compañeiros ourensáns participou nas Irmandades da Fala e nas asembleas nacionalistas celebradas en Vigo e Lugo. Os tres grandes piares do seu pensamento son agrarismo, galeguismo e catolicismo.

 Obras realizadas

Entre os doce anos que median entre a súa incorporación ás Irmandades e a súa morte só coñecemos media ducia de poesías, sete contos curtos, un fragmento de comedia inacabada, dous artigos sobre arte, doce artigos breves de contido máis ou menos político e o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudios Galegos o 12 de maio de 1924 titulado Ouservacións encol da prosa galega. Os seus dous escritos políticos máis importantes son Orientacións. Os camiños do agrarismo galego e A sinificación profunda do galeguismo, no que se recollen os postulados básicos dos principios teóricos do nacionalismo, sobre todo de Vicente Risco .

 Outros datos de interese

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1985.