Eugenio Romero Pose


Categoría: Bispo Auxiliar de Madrid
Data de Nacemento: 14 de marzo de 1949 (†25 de marzo de 2007)
Lugar de Nacemento: Santa María de Bayo (A Coruña)
 Currículum

1959: Comeza os seus estudios eclesiásticos no Seminario de Santiago de Compostela.
1972: Licenciado en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma.
1972-1973: Cursa estudios no Pontificio Instituto de Estudios Orientais.
1974: O 27 de xullo de 1974 recibe a ordenación sacerdotal de mans do entón Arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Ángel Suquía, na súa parroquia natal de Santa María de Bayo (A Coruña).
1978: Obtén o doutoramento en Patrística pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma.
1978-1979: Capelán do Hospital Nosa Señora da Esperanza de Santiago de Compostela.
1981-1989: Director do Instituto Teolóxico Compostelán.
1981-1997: Profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.
1980-1990: Profesor invitado na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma.
1984-1997: Director do Centro de Estudios Xacobeos.
1987- 1997: Consultor da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española.
1989- 1997: Profesor nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
1991-1997: Reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela.
1992: Dirixiu os exercicios espirituais ós bispos de Angola.
1992-1994: Impartiu cursos de formación permanente ós sacerdotes angoleños.
1997: O 7 de marzo, foi nomeado bispo titular de Turuda e auxiliar de Madrid.
O 1 de maio de 1997 recibiu a ordenación episcopal de mans do Arcebispo de Madrid, Monseñor Antonio Mª Rouco Varela, na Catedral de Santa María a Real da Almudena.
1997: Membro da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española.
1997-2002: Membro da Comisión Episcopal de Seminarios e Universidades da Conferencia Episcopal Española.
1999: O 1 de setembro de 1999 é nomeado Vice-Gran Chanceler da Facultade de Teoloxía ‘San Dámaso’, de Madrid.
1999-2002: Membro da Comisión Episcopal de Medios de Comunicación Social da Conferencia Episcopal Española.
1999-2002: Presidente da Subcomisión Episcopal de Universidades.
2002: Presidente da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española.
2002: Membro da Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española.
2005: O 25 de novembro de 2005 foi nomeado Vice-Gran Chanceler da Universidade Pontificia de Salamanca.

 Obras realizadas

Foi director da revista "Compostellanum". Tamén dirixiu a colección "Fuentes y estudios patrísticos" da editorial Ciudad Nueva, de Madrid.
Foi profesor invitado da Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos. E posteriormente profesor da Facultade de Teoloxía ‘San Dámaso’, de Madrid.
Home amplamente coñecido no mundo intelectual católico, considerado como un dos principais patrólogos no mundo católico, ten publicado unha ducia de libros da súa especialidade, así como máis dun centenar de artigos de investigación en revistas científicas, colaborou en máis de vinte publicacións colectivas.

 Outros datos de interese

Era membro da Real Academia de Doutores.
Dedicou gran parte do seu tempo á dirección espiritual e á atención pastoral das comunidades relixiosas de Santiago e tamén impartiu exercicios espirituais ós bispos de México.
Como bispo auxiliar de Madrid, encargouse de coordinar as delegacións de Catequeses, Liturxia, Pastoral Educativa Escolar, Misións e Relacións Interconfesionais. Ademais, foi membro do Consello Episcopal e do Consello Presbiteral e membro do Consello de Presidencia da Comisión Central do III Sínodo Diocesano (2005).