Ana Mª Martínez Pedrosa


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 21 de Abril de 1978
Lugar de Nacemento: Eiroa, Noia (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2000.

Diplomada en Criminoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, no 2006.

 

 Obras realizadas

Comenzou a súa carreira en diversos medios escritos e de radio de ámbito galego xa antes de rematar os seus estudos, exercendo como redactora durante máis de 10 anos antes de dar o salto á dirección da prestixiosa Axencia de Noticias EFE na nosa terra.

Xunto coa súa brilante laboura profesional neste cargo ven traballando a prol do galego e a súa normalización, tanto na redacción de noticias e teletipos na nosa lingua e o respeto o nomenclator como na comunicación e relacións institucionais da propia empresa.

Actualmente ocupa o cargo de delegada da Axencia EFE en Galicia desde o ano 2012.