É profesora de Inglés e directora do IES ‘Lucus Augusti’ desde 1999 ata a actualidade. Licenciada en Filoloxía Xermánica (Inglés) foi presidenta provincial da Asociación de Profesores de Inglés de Galicia-APIGA (1991).
É coautora, con M.C. Matalobos, do ‘Vocabulario galego de FP’ (1984). Publicou os seguintes relatos: ‘Retrato infantil’ (finalista do I Premio Buril das Letras Galegas, 1986), ‘Volta a casa’ (1989) e o poema ‘Amence’ (1987). Entre 1984 e 1988 escribiu unha serie de artigos en ‘Táboa Redonda’, suplemento cultural de El Progreso: ‘1984, Ano Shakespeare, Emily Bronte e Rosalía de Castro’, ‘Entre a soidade e a saudade’, ‘O latín e o estudo do inglés’, ‘Poetas ingleses de expresión galega’, ‘Anne Marie Morris, unha voz fuxitiva que chegou do alén-mar’, ‘F. Scott Fizgerald, un neno mimado no seu mundo de soños’, ‘Londres renacendo entre as cinzas’, ‘As fadas en Inglaterra’, …