María José Ladra González


Categoría: Cantante lírica
Data de Nacemento: 13 de setembro de 1967
Lugar de Nacemento: Villalba (Lugo)
 Currículum

Premio extraordinario de Fin de Carreira no Conservatorio estatal superior de música da Coruña, onde realizou os estudios baixo a dirección de Antón de Santiago, sempre coas máximas cualificacións. María José é unha Mezzo Lírica con coloratura, na liña das grandes Mezzos españolas, mercé ó fermoso color da súa voz e ó gran dominio técnico que lle permiten interpretacións de gran relevo. A súa formación está complementada e enriquecida coa asistencia a importantes cursos de interpretación, entre os que destacan a "Bachacademie", baixo a dirección de Helmut Rilling, con María Venutti e Andreas Schmidt, Música en Compostela, nas súas seccións de "Teatro lírico español", con Maximino Zumalave, e "Canción Española e Zarzuela", con Marimí del Pozo, coa que ultimamente perfecciona os seus estudios, e Miguel Zanetti, catedrático de repertorio estilístico da escola superior de canto, así como ás clases Maxistrais de Helena Lazarska.

 Obras realizadas

É a primeira figura feminina e membro fundadora do Grupo "Magnificat" de música relixiosa e agrupación lírica "Ofelia Nieto". Nas montaxes desta agrupación é protagonista da zarzuela El Barberillo de Lavapiés e da ópera Dido y Eneas. A súa voz é idónea para Cherubino e Dorabella, Dido e Orfeo, Rosina, Ceneréntola, Romeo e Charlotte... María Xosé Ladra participa frecuentemente en concertos sinfónico-vocales e de música relixiosa e obtén grandes éxitos cos seus recitais de contido mixto: Lied, Canción Española, Ópera e Zarzuela. Colabora habitualmente como solista co coro Universitario da Coruña, co que acaba de cantar o Gloria de Vivaldi. É a protagonista do musical A Nai, organizado pola Romaría Internacional.