Estudiou Debuxo na Escola de Artes e Industrias de Madrid, perfeccionando a súa técnica e estudiando ós clásicos no Museo do Prado. En 1921 realizou varias viaxes, entre elas a París, que lle influíu na súa creación.
O seu labor pictórico divídese fundamentalmente en tres grandes períodos. O primeiro (1919-29) caracterízase por un estudio da paisaxe e do home galego, como se pode ver nas súas obras Romería de Sta. Cruz, O Cego, Canónigos ou Los cuatro jinetes del Apocalipsis. Nunha segunda etapa (1931-36) vese influído polo postimpresionismo francés en obras como El minero, Jugadores de ajedrez, El ahogado, La mecanógrafa ou La niña de la guitarra. Trala guerra civil, considerados estes años como a súa peor época, realizou obras como Os velliños do Asilo e Ría gallega, que se conservan no Museo Provincial de Pontevedra. Son importantes, ademais, as súas aportacións no campo do debuxo e a ilustración. Destacan fundamentalmente os gravados en buxo que ilustran a obra Ribadeo Antiguo de F. Lanza Álvarez. En plumillas como El ahorcado ou La muerte del arlequín observase a fantasía e a finura de tratamento de calidades e claroscuro. Como ilustrador, colaborou nas revistas “La Esfera”, “Por esos mundos” e “Ronsel” e foi director artístico da revista de artes e letras “Orientaciones”. Amando Suárez celebrou exposicións individuais en París, Bos Aires, Madrid, Barcelona, León e Lugo.