Manuel Ferreiro Badía


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 1 de marzo de 1944
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

1982: Monumento a Simón Bolívar (A Coruña).
1984: Escultura na estrada Vigo - A Ramallosa.
1985: Mural na Escola de Idiomas (A Coruña).
1986: Esculturas Mares, Deputación (A Coruña); monumento a Castelao (A Coruña) e mural para o polideportivo de Cedeira.
1988: Monumento a Pablo Iglesias (A Coruña); mural escultórico en Vilagarcía de Arousa e mural no Concello de Cedeira.
1989: Porta funil (Ferrol); monumento a Pablo Picasso (A Coruña); escultura no Colexio Fillas de Xesús (A Coruña) e escultura no Colexio Irmáns Maristas (León).
1991: Peza Martano-Elviña; escultura urbana (Huelva) e monumento a Rosalía (A Coruña).
1992: Escultura no Centro da Terceira Idade (Ferrol); escultura no centro de saúde de Culleredo e intervención plástica elevado autopista A-9 unión norte (Pontevedra).
1993: Monumento a Rosalía de Castro (Ferrol); deseño das áreas de descanso nas estradas da Xunta de Galicia e mobiliario das mesmas.
1994: Monumento a Torrente Ballester (Ferrol).
1996: Escultura en Hospital de Oza (A Coruña).
1997: Monumento a Rafael Barez (Oleiros); escultura urbana (Cáceres).
1998: Monumento ós Trobadores (Illa de San Simón).
1999: Monumento a Camilo Díaz Valiño (Ferrol).
2002: Intervención plástica nos portos da Guarda e Baiona.
2003: Monumento a Camilo José Cela (Padrón).
2004: Peza “Mar Artabro” no Paseo Marítimo da Coruña.

 Obras realizadas

Hai mostras da súa obra no Museo Nacional de Escultura (Valladolid), no Museo Nacional Fábrica de Moeda e Timbre (Madrid), no Museo de Escultura ó aire libre (Cáceres), no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (A Coruña), no Museo V Centenario (Huelva), no Museo de Arte Contemporáneo de Alcalá de Henares, no Museo de Arte Contemporáneo de Aracena, na Fundación Rodríguez Iglesias (A Coruña), na Preissler Kunsthalle (Pforzhein – Alemaña), na Xunta de Galicia, no Parlamento de Galicia, na Colección Municipal da Coruña, na Deputación Provincial da Coruña e en Caixa Galicia.
Leva realizadas vintedúas exposicións individuais e cincuenta e dúas colectivas. Ademais, conseguiu os seguintes premios: adquisición en concursos nacionais (1969), primeiro premio da Deputación de Almería (1976), primeiro premio do Concello da Coruña (1978), primeiro premio do certame “Tomás Francisco Prieto” de Madrid (1985) e adquisición na VII Mostra Unión Fenosa (2001).