Estudios de Bacharelato no Colexio de xesuítas e Medios no Seminario de Tui-Ingresou na Administración Civil do Estado en 1954, obtendo o diploma de Inspector de Turismo, materia na que fixo cursos de perfeccionamento. Asesor da Rede Nacional de Teleclubes, desde a súa creación ata a desaparición do Ministerio de Información e Turismo. Secretario da Delegación de Turismo de Pontevedra en varias etapas, foi Delegado Provincial desde 1978, e transferido á Xunta de Galicia co mesmo cargo, ata 1980 en que foi nomeado Xefe do Servicio Provincial de Turismo dentro da nova estructura, ata a súa xubilación en 1993. Desde 1994 é Coordinador Xeral do Grupo de Profesionais da Gastronomía: "Amigos da Cociña Galega". Impulsor dos Centros de Iniciativas e Turismo, creou os de A Estrada e Mondariz-Balneario, así como da Federación Provincial de C.I.T. de Pontevedra. Outros Cargos: Conselleiro a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, Membro do Padroado de Turismo "Rías Baixas" e da Xunta de Patrimonio de Pontevedra. En Setembro de 2007 foi nomeado Cronista Oficial do Concello de Mondariz-Balneario.
Autor do libro: Pontevedra Turística, Guía Provincial. Libro de receitas Amigos da Cociña Galega, edicións de 1994, 1995-96, 1998 e 2000. Libro de receitas de cociña Los Amigos de la Cocina Gallega y los Productos Gallegos de Calidad. En 2012 publicó "Mondariz Balneario, Episodios Memorables".
Folletos Turísticos: "Ría de Arousa e Zona Norte", "Ría de Pontevedra e Zona Centro" e "Ría de Vigo e Zona Sur", da provincia de Pontevedra. Texto de oito folletos "Rutas de Ensueño" do Padroado de Turismo Rías Baixas. Audiovisual "Pontevedra y la Camelia". Diversos folletos turísticos, referidos á provincia de Pontevedra. Diversos traballos en prensa e radio.
Medalla de Prata ó Mérito Turístico, do Ministerio de Comercio e Turismo. Medalla de Prata da Provincia de Pontevedra, concedida pola Deputación Provincial. Título de Director de Empresas Turísticas. Diplomado en Técnicas de Avaliación Social e en "Economía y Organización de Empresas", polo Instituto Nacional de Estudios Turísticos.