Manuel Núñez Carreira


Categoría: Graduado social
Data de Nacemento: En 1948
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Graduado Social na Escola Social da Universidade de Santiago de Compostela (1969-72), é tamén técnico superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares (1985). Realizou, ademais, múltiples cursos como o Curso Superior de Relacións Laborais na Universidade de Santiago de Compostela (1990), un curso no Instituto de Estudios de Administración Local (1985), un curso de Prevención de Incendios e Salvamento no Concello de Lugo (1990), un curso de Función da Arbitraxe en Relacións de Traballo no Instituto de Estudios Laborais (1980) e un curso de Prevención de Riscos Laborais (2001). Polo que respecta á súa actividade laboral, foi xefe de personal en COMPLESA (1969-85), director de persoal do grupo Lactaria Española (1986-90), director de Recursos Humanos no Grupo RAM (1990), responsable de personal no Concello de Lugo (1984-92) e responsable de persoal do Parlamento de Galicia (1986-90). Desde 1992 ata a actualidade, traballa como asesor laboral de empresas. É conselleiro en empresas dedicadas ós sectores de automoción, construcción, seguros, servicios de frío, servicios en xeral e prevención de riscos laborais. Ten impartido cursos, conferencias e coloquios en confederacións de empresarios, cámaras de comercio e locais do Colexio (Cursos FIP) e cursos da Consellería de Familia da Xunta de Galicia.

 Outros datos de interese

Foi membro do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Galicia ata 1985, secretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo (1985-2000), vicepresidente ata 2003 e presidente na actualidade. Ademais, foi concelleiro do Concello de Lugo (1984) e tenente de alcalde (1984/1988/2002) e parlamentario e secretario do Parlamento de Galicia na segunda lexislatura.