Alfonso Ortega Casasnovas


Categoría: Deportista
Data de Nacemento: 3 de Agosto de 1930
Lugar de Nacemento: Ribadavia (Ourense)
 Currículum

Profesor mercantil. Adestrador Nacional de Atletismo Especializado en Fondo. Presidente do Colexio Provincial de Xuíces de Atletismo anos 1957-61. Primeiro Director Técnico da Federación Galega de Atletismo. Responsable Nacional de Fondo da R.F.E. Atletismo desde 1966 a 1972. Responsable Nacional de Maratón desde 1973 a 1980. Responsable Nacional de Campo a través desde 1989 a 1998. Coordinador Nacional de Fondo da RFE Atletismo desde 1999. Preparador físico do R.C. Celta de Vigo - Tempadas 1967-68 e 1968-69. Adestrador do R.C. Celta de Atletismo dende 1961 a 1992. Director técnico do "New Balance" de atletismo dende 1992. Adestrador oficial da R.F.E. Atletismo nas Olimpíadas: México, Munich, Atlanta. Membro colaborador da Fundación Celta dende a súa fundación. Atleta do R.C. Celta de Vigo nas tempadas 1949-50 e 1950-51. Dúas veces campión de España de veteranos en salto de lonxitude. 46 veces internacional como adestrador da RFE Atletismo. 29 atletas participantes en Olimpíadas e Campionatos do Mundo e Europa. 27 atletas internacionais absolutos de atletismo con 288 actuacións. Atleta cunha medalla de ouro e unha de bronce en Campionatos do mundo universitario de Cross. Atletas con tres medallas de prata e unha bronce en Campionatos de Europa. Atletas con tres medallas de ouro, dúas de prata e catro de bronce en Xogos Mediterráneos. Un atleta campión do mundo militar e unha atleta campiona Ibérica de 10.000 metros. Un atleta medalla de prata e bronce en Campionatos Iberoamericanos. Equipo dúas veces campión de Europa Cross e catro veces Subcampión. Atletas con 68 medallas Ouro, 29 de Prata e 45 de Bronce en campionatos de España e 82 marcas de España. Insignia de Ouro e brillantes do Real Club Celta de Vigo

 Outros datos de interese

Premios Nacional "Técnica Carreras" e "Técnica Vallas" da Escola Nacional de Adestradores. Premio "Citizen" á mellor Promesa 1970 de R.F.E. Atletismo. Premio "Estímulo" ano 70 da Escola Nacional de Adestradores de Atletismo. "Mención de Honra" anos 1970 e 71 da Asociación de Periodistas deportivos, Vigo.