Profesional con máis de 10 anos de experiencia en diferentes áreas da xestión cultural e na organización de grandes eventos. É licenciado en Psicoloxía Social e do Traballo pola Universidade de Santiago de Compostela (1993).
Desde 2002, foi co-director de Maraworld S.A., empresa de xestión cultural cuxo proxecto estrela é o Festival Internacional de Benicàssim, onde foi responsable do lanzamento internacional do Festival e da súa posición como un auténtico referente no panorama cultural europeo. Paralelamente, desenvolveu diferentes eventos, exposicións e publicacións, en colaboración con relevantes institucións e axentes culturais, nacionais e internacionais: Programa Cultura 2000 da Unión Europea, Comunidade Valenciana, Concello de Madrid, Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León (MUSAC), PhotoEspaña, etc. Ademais, tamén ten participando como profesor invitado en diferentes másters e cursos de Xestión Cultural: Universidade de Valencia, Universidade Carlos III, Círculo de Belas Artes de Madrid...
Foi Xerente da S.A. de Xestión do Xacobeo desde 2009 ata 2011, e posteriormente Director de Acción Cultural da CdC (Cidade da Cultura de Galicia) ata xaneiro de 2012.