Alfonso López Quintás


Categoría: Filósofo, escritor e profesor
Data de Nacemento: 21 de abril de 1928
Lugar de Nacemento: Santiago de Franza - Mugardos (A Coruña)
Teléfono: 913593347
Fax: 913591834
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Cursou os estudios eclesiásticos na Orde da Mercé (1942-1951). Estudiou Filoloxía e Filosofía en Salamanca, Madrid, Munich e Viena (1951-1960). É doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid (1963), catedrático de Filosofía na Facultade de Filosofía da Universidade Complutense (1974),membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (Madrid, 1986), membro do Consello Director do Council for Research in Values and Philosophy (Washington), cofundador e colaborador do Seminario de Filosofía "Xabier Zubiri" de Madrid. Foi fundador e promotor do proxecto educativo denominado "Escola de Pensamento e Creatividade" (1987). Deu cursos e impartiu conferencias en distintos países de Europa e Iberoamérica.

 Obras realizadas

É autor de corenta e dúas obras de Filosofía entre as que podemos destacar: Metafísica de lo suprasensible, El triángulo hermenéutico, Filosofía española contemporánea, Estética de la creatividad, La juventud actual entre el vértigo y el éxtasis, Cinco grandes tareas de la Filosofía actual, Vértigo y éxtasis. Bases para una vida espiritual, La experiencia estética y su poder formativo, Manual de formación ética del voluntario, La revolución oculta, La cultura y el sentido de la vida, El conocimiento de los valores, Cómo formarse en ética a través de la literatura, Inteligencia creativa, El amor humano. Su sentido y su alcance, La formación para el amor, Cómo lograr una formación integral. El modo óptimo de realizar la función tutorial, El libro de los valores (en colaboración con G. Villapalos), Literatura y formación humana, Romano Guardini, maestro de vida, El poder del diálogo y del encuentro e El espíritu de Europa.

 Outros datos de interese

O proxecto formativo "Escola de Pensamento e Creatividade" está estendido en España e diversos países estranxeiros (México, Brasil, Arxentina, Chile, Perú...). Intenta formar a nenos e xoves en creatividade e valores sobre a base da convicción de que os valores e a creatividade non se "ensinan", "descóbrense". O descubrimento realízase por diversas vías, entre elas a lectura e contemplación de obras literarias e cinematográficas.