Estableceuse en Galicia ao abrir unha fábrica de salga en San Pedro de La Ramallosa en Nigrán. Pertencente ao gremio de comerciantes, foi alcalde de Baiona e, como tal, viviu o pronunciamento de outubro de 1843 do Xeneral Iriarte a favor do exiliado Espartero. Iriarte enviou unha columna de tropas á vila de Baiona para tomar a fortaleza de Monte Real. En 1843, Casimiro Fernández de la Cigoña dirixe á S.M. a Reina Gobernadora unha protesta polas modificacións administrativas de 1823 que estableceron unha nova división territorial para a administración de Xustiza nas que perdeu a vila de Baiona a súa Real Xurisdición, quedando reducida ás parroquias de Baiña, Baredo, Belesar, Baiona e Santa Cristina de la Ramallosa. Con posterioridade á súa etapa en Baiona, foi rexedor en Vigo nas corporacións de 1852-53, 1854-57, 1863, 1864 e 1865. En 1852, foi concelleiro na corporación de José Graña (2 de outubro de 1851 ao 22 de novembro de 1853) e en 1854, na corporación que presidía Joaquín Yáñez Rodríguez (1 de xaneiro ao 25 de xullo de 1854, data esta última na que dimitiu todo o concello ante o pronunciamento militar do xeneral O´Donnell, a chamada Vicalvarada). En 1866, formou parte da corporación que presidiu Lafuente.