Álex Vázquez


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1946
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Nace no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego onde, desde moi cedo, mostra claras aptitudes cara ó mundo da cultura e o arte. Nomes imprescindibles no seu entorno familiar son o do seu pai, Isidro Vázquez Palacios, e o do seu tío, Antonio Palacios Ramilo, afamado arquitecto porriñés, que sen dubida estimularon en Álex a profunda vocación artística que marcou toda a súa traxectoria profesional.
A súa traxectoria pictórica parte do realismo dos seus comezos e vai queimando distintas etapas con notable valentía: figura, retrato, mariñas, paisaxe urbano (é moi característica a súa orixinal etapa monotemática de balcóns), ata o informalismo das súas actuais creacións.
Expuxo en distintas galerías e centros de prestixio en España e Portugal, onde a súa obra se ven expoñendo con regularidade. Os cadros de Álex son coñecidos a nivel europeo, sendo as súas coleccións eventualmente expostas en países como Alemaña e Bélxica.
Actualmente, Álex Vázquez Palacios compaxina o seu traballo como pintor e ilustrador, co cargo de director creativo da axencia viguesa ‘Palacios Publicidad’. Neste campo cabe destacar tamén as súas importantes contribucións ó campo do deseño gráfico e conceptual.
Intervén tamén en innumerables eventos relacionados coa arte, colaborando con institucións e entidades públicas e privadas deseñando exposicións, stands, páxinas web, edicións de arte, catálogos...
É coautor de numerosos proxectos editoriais, participando no seu deseño, desenvolvemento e ilustración, en colaboración con prestixiosas figuras literarias como Carlos Casares, Paco Fernández Naval, Francisco Fernández del Riego, Xavier Alcalá...

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2007. Museo Municipal de Vigo Quiñones de León.
2007. Casa de Galicia. Madrid.
2007. Bodegas CALEM. Vila Nova de Gaia.
2007. Palacete das Mendoza. Pontevedra
2006. Clube Financeiro. Vigo.
2006. Sala Rivas Briones (Vilagarcía de Arousa).
2005. A Carón do Mar (Cangas do Morrazo).
2004. Centro Social Caixanova (Vigo), Sala de Exposicións Caixanova (Pontevedra), Galería José Lorenzo (Santiago), Sala de Exposicións do Concello de Lisboa (Lisboa) e Centro Social e Cultural da Garda (Pontevedra).
2003. Casa de Galicia (Lisboa) e Galería Gaudí (Madrid).
2002. Fondo Internacional de Pintura. Barcelona.
2001. Sala de Arte Caixanova (Pontevedra), ARTVG. Xunta de Galicia (Santiago de Compostela) e Sala de Exposicións Caixanova (A Estrada).
2000. Castillo de Soutomaior (Pontevedra) e Galería Alameda (Vigo).
1999. Club Financeiro (A Coruña), Nova Sala de Exposicións Caixavigo (Vigo) e Galería Borrón 4 (Cambados).
1998. Galería Borrón (Cambados) e Galería Obelisco (A Coruña).
1997. Sala Digamel (Vilagarcía de Arousa).
1996. Banco de Bilbao Vizcaya (Oviedo) e Confederación Provincial de Empresarios (Vigo).
1995. Nova Sala de Exposicións Caixavigo.
1994. Galería Da Vinci (Sanxenxo), Sala de Arte Caixa Pontevedra e Delegación de Cultura (Pontevedra).
1993. Galería Recoletos (Madrid) e Sala Tándem (Barcelona).
1992. Studio 34 (Ourense), Sala Exposicións Casino de La Toja, Nova Sala de Exposicións Caixavigo (Vigo) e Sala de Arte Caixa de Aforros Provincial (Pontevedra).
1991. Sala Exposicións Caixaourense (O Barco).
1990. Sala de Arte Caixa de Aforros Provincial (Pontevedra).
1989. Nova Sala de Exposicións Caixavigo e Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.
1988. S.E. Casa Municipal de Cultura (Burgos) e Sala de Arte Caixa de Aforros Provincial (Pontevedra).
1987. Aula de Cultura, Caixa Galicia (Santiago de Compostela), Sala de Exposicións Municipal (Ponteareas) e Sala de Exposicións Caixa Ourense.
1986. Sala de Exposicións Municipal (Ponteareas) e Sala de Arte da Caixa de Aforros Provincial (Pontevedra).
1985. Casino Mercantil e Industrial (Pontevedra), Sala de Arte, Ciaxa de Aforros Municipal de Vigo, Delegación de Cultura da Coruña e Liceo Marítimo de Vilagarcía de Arousa.
1984. Sala de Arte da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, Sala Pancho Cossío (Santander) e Caja de Ahorros de Torrelavega.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2007. Artempresarios (Confederación de Empresarios). Vigo.
2004. Galería José Lorenzo. Santiago.
2004. Sala de Exposicións Concello de Lisboa (Portugal).
2003. Casa de Galicia. Lisboa.
2003. Galería Gaudí. Madrid.
2003. Lineart, Feira de Arte en Gante (Bélxica).
2002. Mostra luso-galaica d'arte contemporánea, Chaves (Portugal).
2001. Encontros na Sala Teucro I, Delegación de Cultura de Pontevedra
2000. Fundación Celta de Vigo. Exposición inaugural.
1999. ‘Arte na escola’. Concello de Vigo
1998. ‘Bodegóns e floreiros na Colección Caixavigo’ Museo Arqueolóxico (Ourense) e Kultur Modell. Passau (Alemaña).
‘Arte en Pontevedra 1’. Pazo de Congresos e Exposicións (Pontevedra).
1997. ‘A arte galega na Colección Caixavigo’ (Séculos XIX e XX). Estación Marítima (A Coruña) e ‘A arte galega na Colección Caixavigo’ (Vangarda e novos valores) Centro Cultural Caixavigo (Vigo).
1995. Construgal 95 (Pontevedra) e Museo Municipal (Lalín).
1994. Sala de Exposicións do Palacio Municipal Concello da Coruña e Fundación Araguaney (Santiago de Compostela).
1987. Xeito '87. Auditorio Caixa de Aforros Provincial (Pontevedra).
1986. Exposición de pintores pontevedreses (Burgos).
1984. Inauguración Sala de Exposicións Círculo Mercantil (Vigo).
1983. Sala de exposicións de la CAV (Vilagarcía de Arousa), Casino (Barco de Valdeorras), Homenaxe do Centro Galego a Ponferrada e Delegación de Cultura de Pontevedra.

EXPOSICIÓNS ITINERANTES
2008. “A camelia nos xardíns das Rías Baixas”. Londres.
2007. “A camelia nos xardíns das Rías Baixas”. Deputación de Pontevedra. Vigo, Madrid, Oporto e Pontevedra.
2004. E‘Nadir. Camiño de Compostela’. Xunta de Galicia. Lisboa, Porto, Barcelona, Madrid, A Coruña, Tui e Santiago.
2003. Arte Axuda a Galicia. Vilagarcía, Vigo, Ourense, San Sebastián e Santiago de Compostela.
1999. Exposición organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
1998. ‘Bodegóns e floreiros na Colección Caixavigo’ Centro Cultural Caixavigo. Vigo
Eixo Atlántico. Itinerante por España e Portugal
1988. Itinerante por Portugal.

ILUSTRACIÓNS E DESEÑOS
2007. Maqueta e ilustracións da publicación institucional "A camelia nos xardíns das Rías Baixas". Ed. Deputación de Pontevedra.
2007. Portada e ilustracions do libro "Caixanova. Informe anual 2006". Ed. Caixanova
2006. Portada e ilustracions do libro "Caixanova. Informe anual 2005". Ed. Caixanova.
2005. Maqueta e ilustracións (39 orixinais) do libro "40 anos de Vilancicos Caixanova". Varios autores. Ed. Caixanova.
2005. Maqueta e ilustracións (19 orixinais) da guía "Navegar polas Rias Baixas". Autores: Frrancisco Fernández del Riego/Javier Mosquera. Ed. Turismo Rías Baixas.
2005. Portada e ilustracions do libro "Caixanova. Informe anual 2004". Ed. Caixanova
2004. Maqueta, ilustracións e retratos (118 orixinais) do libro "Galicia Sentimental". Autores: Francisco Fdez. del Riego/Javier Mosquera. Ed. Caixanova.
2004. Maqueta, ilustracións e retratos (118 orixinais) do libro "Lugo Sentimental". Autores: Francisco Fdez. del Riego/Javier Mosquera. Ed. Caixanova.
2004. Portada e ilustracions (6 orixinais) do libro "Centro Social Caixanova". Autor: Jaime Garrido. Ed. Caixanova.
2004. Portada e ilustracions do libro "Caixanova. Informe anual 2003". Ed. Caixanova.
2003. Maqueta e ilustracións (17 orixinais) do libro "Sinais dunha cultura". Autor: Francisco Fernández del Riego. Ed. Deputación Provincial de Pontevedra.
2003. Maqueta, ilustracións e retratos (134 orixinais) do libro "A Coruña Sentimental Sentimental". Autores: Francisco Fdez. del Riego/Javier Mosquera. Ed. Caixanova.
2002. Maqueta, ilustracións e retratos (123 orixinais) do libro "Pontevedra Sentimental". Autores: Francisco Fdez. del Riego/Javier Mosquera. Ed. Caixanova.
2002. Maqueta, ilustracións e retratos (138 orixinais) do libro "Ourense Sentimental". Autores: Frrancisco Fernández del Riego/Javier Mosquera.. Ed. Caixanova.
2001. Maqueta, ilustracións e retratos (134 orixinais) do libro "Vigo Sentimental". Autores: Francisco Fdez. del Riego/Javier Mosquera. Ed. Caixanova.
2000. Maqueta, ilustracións e retratos (117 orixinais) da guía "Portugal norteño". Autores: Francisco Fdez. del Riego/Javier Mosquera. Ed. Caixanova.
1999. Portada do libro "Refluxos". Autor: Maximino Sanmartín Sobrino. Ed. Edicións Guimarey Puente, S.L.
1999. Ilustracións (11 orixinais) do tomo 144 da revista Grial. Ed. Editorial Galaxia.
1998. Maqueta, ilustracións e retratos (94 orixinais) do libro "Guía da Provincia de Lugo". Autores: Alexandra Cabana/Darío Xohán Cabana. Ed. Caixanova.
1997. Maqueta, ilustracións e retratos (115 orixinais) do libro "Guía da Provincia de Ourense". Autores: Camilo Franco/Francisco X. Fernández Naval. Ed. Caixanova.
1997. Maqueta do libro "Galicia 1997". Varios autores. Xunta de Galicia.
1996. Maqueta, ilustracións e retratos (122 orixinais) do libro "Guía da Provincia de A Coruña". Autores: Francisco X. Fernández Naval/Xavier Alcalá. Ed. Caixanova.
1996. Maqueta e ilustracions (27 orixinais) do libro "Os Caminos das Estrelas". Autor: José A. Rodríguez Ferreras. Ed. Xunta de Galicia.
1995. Maqueta, ilustracións e retratos (88 orixinais) do libro "Guía da Provincia de Pontevedra". Autor: Carlos Casares. Ed. Caixanova.
1994. Maqueta e ilustracións (6 orixinais) do libro "A Galeguidade". Autora: Graciana Vázquez Villanueva. Ed. Xunta de Galicia.
1994. Maqueta e ilustracions (8 orixinais) do libro "Aálise da organización e execución das Eleccións ó Parlamento Galego 1993". Ed. Xunta de Galicia.
1993. Maqueta e ilustracións (9 orixinais) do libro "Bens Inmobles Urbanos dos Concellos da Comarca de Ordes". Ed. Xunta de Galicia.
1993. Maqueta e ilustracións (7 orixinais) do libro "Bens Inmobles Urbanos dos Concellos da Comarca do Deza". Ed. Xunta de Galicia.
1993. Maqueta e ilustracións (9 orixinais) do libro "Bens Inmobles Urbanos dos Concellos da Comarca da Terra Cha". Ed. Xunta de Galicia.
1993. Maqueta e ilustracións (7 orixinais) do libro "Bens Inmobles Urbanos dos Concellos da Comarca de Valdeorras". Ed. Xunta de Galicia.
1993. Maqueta e ilustracións (13 orixinais) do libro "El Camino de Los Milagros". utor: José A. Rodríguez Ferreras. Ed. Deputación Provincial de Pontevedra.
1990. Maqueta e ilustracións (7 orixinais) do libro "Galicia onte, hoxe, mañá". Autor: Manuel Fraga Iribarne. Ed. Xunta de Galicia.
1990. Maqueta e ilustracións (2 orixinais) do libro "A cultura galega: pasado, presente, futuro". Autor: Manuel Fraga Iribarne. Ed. Xunta de Galicia.

 Outros datos de interese

1970. Deseño e desenrrolo do proxecto "A Camelia nos Xardíns das Rías Baixas"
1999. Deseño e desenrrolo do proxecto "Arte en Pontevedra" e comisario da súa primeira edición.
1995. Deseño e coordinación da "Exposición homenaxe a Ángel Sevillano". IES Carril. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
1993. Deseño da Bienal Internacional de Pintura Granbazán e comisario de tódalas súas edicións.
1993. Frecuentes colaboracións con Institucións e entidades públicas e privadas deseñando exposicións, stands, páxinas web, edicións de arte, catálogos...