Estudou Xornalismo na Universidade Complutense e interpretación na Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid.
Traballou nos xornais “Faro de Vigo”, “El País” (no que durante cinco anos foi correspondente para África) e “ABC”.
Entre 1999 e 2005 foi correspondente do “ABC” en Nova York.
Hoxe en día traballa como reporteiro na redacción central deste xornal na sección “D-7” e viaxa a África sempre que ten a oportunidade.
É autor de tres libros de viaxes, todos publicados por Península: "Cuadernos africanos" (1998 e 2002), "España, de sol a sol" (2001) e "El rumor de la frontera" (2006), os dous últimos con fotografías de Corina Arranz, e o ensaio “Nueva York, el deseo y la quimera” (Espasa, 2006).
Foi membro das compañías teatrais Artello, de Vigo, e Ditea, de Santiago de Compostela, e traballou como script nas primeiras curtametraxes de Chano Piñeiro.
Estreitamente vinculado á revista "Teatra" desde as súas orixes ata a súa desaparición.
Foi director de Koyaanisqatsi entre 1987 e 1998, compañía coa que estreou a meirande parte da súa produción teatral: "Cabaret de la Memoria", "La balsa de La Medusa", "La edad de oro de los perros", "Sin Maldita Esperanza", "Carmencita jugando" e "El alma de los objetos".
Ten publicadas as pezas "La edad de oro de los perros / Sin Maldita Esperanza" (1996) e "La balsa de La Medusa / Carmencita jugando / Tres piezas mínimas" (1998) en sendos volumes da Biblioteca Antonio Machado de Teatro. Hai versión galega de “Carmiña xogando”, publicada pola “Revista Galega de Teatro”.
É autor tamén do cartafol de poemas con obra gráfica de Antón Patiño “Haikús da Costa da Morte” (2006), e do relato “Lisboa”, con serigrafías de Menchu Lamas, e dos poemarios en galego "Escuma dos dentros. Poemas 1975-1983" (Sotelo Blanco, 1997) e "Pita velenosa, porta dos azares" (Tambo. Deputación de Pontevedra, 2002), e dun en español, "Los temporales" (Bartleby, 2002).
Recibiu os premios Francisco de Quevedo de Madrid polo libro de poemas “Fracaso de Tánger” (1982) e Ojo Crítico de Radio Nacional de España polo texto e a dirección escénica de “El alma de los objetos” en 1997.