Sempre sentíu grande sensibilidade pola arte, especialmente pola pintura, pero tivo que empezar a traballar moi novo, por motivos de economía familiar, foi a partir da súa prexubilación ós 58 anos que puido dedicarse á pintura, distinguíndose por unha técnica moi personal en óleo sobre releve que os críticos definen como escultu-pintura.
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS
2001. Salón U.V.A. Montmartre, París (Francia).
2002. Castelo de San Xoan de Barra, Viana do Castelo (Portugal), Casa dos Crivos, Braga (Portugal), Sala de Arte en Arcos de Valdevez (Portugal), Galería dos Coímbras, Braga (Portugal), Salón Barceló (Barcelona) e Salón Gembloux (Bélgica).
2003. Foyer Communale Arthur Lacroix, Gembloux (Bélgica), Salón U.V.A. Montmartre, París (Francia) e Maison Communale de Hesperange. Grand-Duche (Luxemburgo).
2004. Itinerante Camino de Santiago (colaboración Xunta de Galicia Xacobeo).
2005. Galería Darby-Loise, Barcelona.
Foi seleccionado na Bienal de Lalín – Pontevedra (1995), no Concurso Internacional de ‘Primavera en París’ (2002), no Concurso Internacional ‘Grand-Duche’ de Luxemburgo (2003) e no Concurso Internacional Europäischer Kunstkreis de Austria (2004).
PREMIOS
2001. Premio do Salón, no concurso Internacional ‘La Grande Montmartre’ (París).
2002. Medalla de ouro nacional no 32 Concurso Internacional Gembloux (Bélxica).
2003. Medalla de prata internacional no 33 Concurso Internacional Gembloux (Bélxica).
2003. Medalla de prata e ouro no Concurso Internacional 'La Grande Montmartre' (París).
2005. Medalla de ouro internacional no 35 Concurso Internacional Gembloux (Bélxica).
Parte da súa obra figura no Museo Torres de Marín (Pontevedra), no Museo Santa Catalina Renfe (Madrid) e na Asociación Feiral Semana Verde de Silleda (Pontevedra).
É membro da Academia Europea das Artes nº409 (Comité de París) e membro da Asociación Artístico-cultural de Pontevedra (ASACPO).