Estudiou o bacharelato en Chantada e Monforte, e Administración e Márketing en Vigo. Traballou no departamento comercial de diversas empresas, foi director do Banco de Galicia en Quiroga e desde 1990 é empleado de Caixanova en Chantada. Foi correspondente de RNE, Radio Noroeste e presentador do programa "Terra-Miñota" en Radio Faro-Cadena Ser. Foi director e presentador do programa "Falemos de?" na televisión comarcal "Televinte". Desde o ano 2000 é responsable comercial da Adega Terras Bendaña.
Como escritor, deuse a coñecer de mozo a través dunha serie de artigos e premios de poesía, ata que ós 18 anos empezou a súa tarefa xornalística en El Progreso, que aínda continúa hoxe. Entre as súas publicacións podemos citar: Unha noite de poesía (1985), Chantada na súa prensa (1988), Voltar a Bacelares (1989), As Beiras do Sil (1994), Baixo o Ceo de Camba (2000), Agasallo de Verbas (2001), Dez Poemas a Lisboa (2006) e Co Sangue nos Beizos (2008). É autor de varias pezas teatrais e colaborador de diversas publicacións colectivas.
Conseguiu diversos premios e distincións, destacando: Primeiro premio de poesía do Centro Galego de Sestao (1985), segundo premio de narrativa "Concello de A Estrada" (1985), primeiro premio de poesía "Miguel de Cervantes" Alcázar de San Juán-Ciudad Real (1986), primeiro premio de poesía "López Abente" (1986), primeiro premio "A Pipa" (2000), e primeiro premio "Cartas de Amor" do Concello de Quiroga (2005), entre outros. É colaborador de diferentes publicacións, autor teatral, cofundador do Centro Teatral "Faro-Miño", membro de diferentes colectivos culturais, e coordenador do certame poético "Moncho do Pío". Ten participado en numerosas conferencias e recitais. É, ademais, membro do colectivo poético da Ribeira Sacra, colaborador da publicación poética "Xistral", membro fundador e directivo da Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e membro da Fundación Amigos de Galicia.