Alfonso Antonio Baamonde García


Categoría: Profesor e dinamizador cultural
Data de Nacemento: 13 de xuño de 1945
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
 Currículum

Despois de estudiar Maxisterio en Lugo, estivo destinado no Bierzo, Ermua, Moreda (Vilalba) e no colexio “Insua Bermúdez” de Vilalba. Actualmente traballa no colexio “Mato Vizoso” de Vilalba. Dinamizador cultural de historia de Vilalba, é presidente e compoñente de varias comisións de festas. Ademais, ten sido vicepresidente do Racing Club Vilalbés, así como secretario, vicepresidente e presidente do Centro Cultural Recreativo ó longo de dezaoito anos. Desde 1981 é presidente da Coral Polifónica Vilalbesa.

 Obras realizadas

Publicou numerosos traballos xornalísticos sobre ermidas e cruceiros da “Terra Cha”, lendas e traballos sobre historia musical de Vilalba, monográficos sobre o capón e o liño, así como distintos artigos sobre as festas de San Ramón e Virxe de Guadalupe, ademais de temas de carácter local. Colabora tamén en radio.

 Outros datos de interese

Foi galardoado con varios premios do Concello de Vilalba polos seus traballos xornalísticos sobre a música e os cruceiros.