Alejandro Quesada Legido


Pseudónimo:Yayo Quesada
Categoría: Pintor

   Cultura
 Currículum

Leva dende os 20 anos dedicándose á pintura. Despois de pasar por Artes e Oficios, aprendeu as diferentes técnicas pictóricas de mans de pintores como os seus pais (Fernando Quesada e Ana Legido) e Antonio Quesada, co que estivo uns meses no seu estudio e do que aprendeu que non era tan fácil poder pintar e gaña-la vida con iso.
Con moita curiosidade marchou ó sur a aprender outras técnicas como a da súa irmá Marieta Quesada en Córdoba, que o acolleu no seu estudio por un período de case un ano. Despois destas colaboracións de aprendiz-mestre instálase nun estudio en Córdoba, combina o pintar con dar clases de pintura. Nun principio amósase reticente a expoñer pero, despois de pintar un mural de 6x20 metros en Ferrol co seu tío Jaime Quesada en medio dunha praza, decide facer a súa primeira exposición colectiva e quita-lo medo a expoñer. Cambia o seu estudio a Granada, onde sigue vivindo.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS
-Xullo 2003: Colectiva na Galería Dua Dos (Vigo)
-Decembro 2003: Colectiva nas Galerías Marga Prada (Ourense) e Dua Dos (Vigo)
-Marzo 2004: Individual na Galería Dua Dos (Vigo)
-Outubro 2004: Individual na Galería Marga Prada (Ourense)
-Decembro 2004: Colectiva nas Galerías Marga Prada (Ourense), Dua Dos (Vigo), Trisquel e Medulio (Tui) e Termes (Vigo).