Ós cinco anos trasladouse a vivir á Coruña e ós quince foi a Madrid a estudar o bacharelato. Alí coñeceu a León Felipe que, xunto con Rafael Sánchez Ortega, editaron o xornal “Paso a la juventud” para vendelo na rúa.
Foi ferido nun dos bombardeos da Guerra Civil e no hospital desenvolveu a idea do futbolín, inspirándose no tenis de mesa.
Tras exiliarse en Francia, marchou a Ecuador, onde fundou a revista “Ecuador 0º,0’,0”, na que dedicaba cada número a poetas dun país diferente. Despois marchou a Guatemala, onde mellorou o futbolín e empezou a fabricalos.
Tamén viviu en México e alí dedicouse ás artes gráficas e á edición.