Alberte Xullo Rodríguez Feixóo


Categoría: Avogado, político
Data de Nacemento: 24 de abril de 1954
Lugar de Nacemento: Barcelona
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Fillo de emigrantes galegos, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo é licenciado en Dereito e cursou estudios de Dereito Comunitario Europeo en Estrasburgo. Desde 1979 é avogado laboralista en Lugo. Foi o impulsor da creación da central sindical única galega e exerceu tamén como avogado na "INTG" e na "CXTG". Foi o coordinador da comisión investigadora do embarrancamento do "Casón", defendendo activamente os dereitos dos traballadores de "Alúmina" e o conflicto polo traslado dos bidóns tóxicos. No plano político, destaca a súa participación no BNG como membro do Consello Nacional e da súa Comisión Permanente. Exerce como deputado autonómico do BNG desde 1989 e entre as súas funcións parlamentarias destaca o seu nomeamento como vicepresidente da Comisión do Estatuto dos Deputados e a súa pertenza á Mesa da Comisión sobre a repercusión do Narcotráfico.