Pancho Casal Vidal


Categoría: Productor de cine
Data de Nacemento: 1955
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É Enxeñeiro Superior Eléctrico polo ICAI e Enxeñeiro Industrial (1977). Realizou un máster de xestión informatizada de proxectos en TEA-CECOS, un máster de contabilidade de custos na Universidade Politécnica de Madrid, un curso de marketing publicitario en RZR e un máster de produción executiva EAVE-PROGRAMA MEDIA.

 Obras realizadas

A súa traxectoria profesional iníciase en empresas de electricidade e equipos eléctricos. Entre 1981-88 foi xefe de mantemento de centrais hidráulicas de Unión Fenosa. En 1982 empezou a traballar no mundo do vídeo e da televisión. Foi productor executivo de longametraxes (Continental, Inés de Portugal, Frontera Sur, Cuando vuelvas a mi lado, Finisterre, Sé quien eres e La Rosa de Piedra) e de series para a televisión (A Familia Pita, A Familia Pita II e Ida e Volta). Tamén fixo unha serie de debuxos animados (Las señales de tus amigas) e foi o productor de 60 microespacios Camaleo aprende a consumir emitidos pola Televisión de Galicia e patrocinado pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia. Como director xeral e productor executivo de Continental Producciones S. A. realizou máis de 300 anuncios publicitarios para as principais axencias publicitarias españolas, incluíndose numerosas realizacións para diversas institucións e organismos oficiais.