Yolanda Purriños Souto


Categoría: Fotógrafa
Data de Nacemento: 24 de outubro de 11974
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Filla de fotógrafos, con once anos comezou a asistir a seminarios e congresos con seu pai. En 1992 realizou a súa primeira exposición, seguida de moitas outras en diferentes puntos de España. En 1996 graduouse como técnico especialista en Fotografía na Escola de Artes “Mestre Mateo”. Ademais, asistiu a diferentes cursos de estilismo e maquillaxe, especializándose en fotografía de retrato e moda, seguido pola publicidade. Imparte diferentes talleres de iluminación na escola onde estudiou anteriormente. Deu a súa primeira conferencia de fotografía sobre moda e xente nova “Nuevas tendencias” en Valencia (Cullera, 2000), e a partir desta deu outras moitas, incluso no estranxeiro: Bilbao, Burgos, Granada, Portugal...

 Obras realizadas

Hoxe en día realiza a súa actividade principalmente con seus padres e súa irma Inma no estudio que ten en Vilalba (Lugo). Ademais, leva outro estudio fotográfico en Lugo na Avda. da Coruña.
Ten pendente unha próxima exposición conxunta con súa irmá Inma sobre flores, con fotografías moi adecuadas para a decoración do fogar.

 Outros datos de interese

Ten sido galardoada con varios méritos e colección de honra pola FEPF. No ano 2001 obtivo a súa primeira nominación nos Premios Goya, tamén en Asturias e Valencia e gaña o Premio de Retrato en Navarra en 2003. No ano 2002 noméana “fotógrafa distinguida” e no ano 2003 “mestra fotógrafa”. Recibe o Premio Principado de Asturias de fotografía no 2008.