Reside desde fai sete anos no Porto de Bares, Mañón (A Coruña). É diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo. A súa formación fotográfica é autodidacta. Iníciase na fotografía ós 16 anos, e en 1993 comeza a súa carreira como fotoxornalista en La Voz de Galicia, xornal no que traballou, nas edicións de A Mariña (Lugo) e Vigo, ata o ano 2001 en que decide dedicarse ó fotoxornalismo de forma independente. Na actualidade as súas reportaxes de produción propia son distribuídas pola Axencia Contacto de Madrid ó tempo que é colaborador de medios como El País Semanal, Geo ou El Semanal.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
'Ritmos Sacros' na Sala COAG da Coruña (1997).
'El Éxodo Kosovar' na Sala Expovoz de Vigo (2000).
'Crónicas Mestizas' na Fundación Penzol de Vigo (2000).
'La Felicidad de la Nada' na Casa de Galicia en Madrid (2000), itinerante por Galicia nas salas de Caixa Galicia (2001) e no Museo do Bierzo (2002).
'Crónicas Viajeras, antología de viajes' na Casa das Artes de Vigo (2001).
'Mundo Celta', no claustro do Concello de Ortigueira (2002).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
'Galicia en Foco', do Club de Prensa de Ferrol nas edicións de 1993 a 2003 itinerante por Galicia.
'Terras Esgazadas' na IX Fotobienal de Fotografía de Vigo (2000).
'Chapapote', organizada polo Aquarium Finisterrae da Coruña, na que participan fotoxornalistas de toda España (2003).
'Los nuevos Españoles' no Círculo de Belas Artes de Madrid, xunto a Isabel Muñoz, García Alix, Miguel Trillo e Kim Manresa (2003).
'Fotoperiodismo Lucense' na Fundación Caixa Galicia de Lugo (2004).
'Marea Negra' en Barcelona e Oslo (Noruega), traballo distinguido co Premio Fuji Europress Noticias 2003.
OUTRAS ACTIVIDADES:
Imparte a conferencia 'Enviado Especial' nos cursos de Verán da Universidade Pontificia de Salamanca (2000).
Exhibe as series 'Vares', 'La Memoria del Océano' e 'Kosovo' no Festival 2002 de Zahara da Serra (Cádiz).
Proxecta o traballo 'Hambruna en Guatemala' no Festival Internacional de Fotoxornalismo Cidade de Xixón na Semana Negra de Xixón (2002).
Exhibición do documental 'Marea Negra' nas noites de Photoespaña e no Festival Proyecta03 en Madrid, Barcelona, Sevilla, Castellón, etc. (2003).
Proxecta no Festival ‘Visa pour L’Image’ de Perpiñan (Francia) o traballo 'La Marea Negra del Prestige' (2003).
Proxecta 'Mi Diario' no Festival Proyecta04 en Madrid (2004).
A partir de xaneiro de 2002 pon en marcha a páxina web www.xuliovillarino.com .
Durante 2003 publica 'Diario', unha iniciativa nova que funciona como unha ventá diaria á súa vida a través da páxina web www.xuliovillarino.com, que se actualiza cada día.
Dirixe o festival 'Noites de Luz', organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, que trimestralmente proxecta traballos de autores das novas vangardas da fotografía española, Viveiro – Lugo (2003-04).
Imparte distintos obradoiros e conferencias sobre fotografía dixital en Ourense e Viveiro - Lugo (2003-04).
Foi galardoado cos seguintes premios: Premio 'Luis Ksado' de Creación Fotográfica (1998), pola súa serie sobre a publicidade en espazos urbanos; 'Fuji Europress Photo Awards' ó mellor fotoperiodista español e mención de honor concedida na fase europea en Grecia (1999) polo éxodo en Kosovo; Premio Injuve (Instituto da Xuventude) en Madrid, finalista en 1999 pola serie ‘Anna, un viaxe portugués’; Premio ‘Liga Profesional de Fútbol’, Madrid (1999), polo seu traballo sobre o Celta de Vigo; Premio de Xornalismo 'Xosé Aurelio Carracedo', Ourense (1999) ó seu traballo xornalístico nese ano; Premio 'Ortega y Gasset' concedido polo xornal El País, Madrid (2000) polas súas reportaxes sobre Kosovo; Premio Internacional de Fotografía Humanitaria 'Luis Valtueña', Madrid, accésit en 2000 polo éxodo en Kosovo e accésit en 2001 por Terremotos en Turquía; Premio ‘Fuji Europress’ categoría Viaxes 2002 polo seu traballo 'Hambruna en Guatemala'; Premio ‘Fuji Europress’ categoría Noticias 2003 pola súa serie 'Marea Negra'.