Alexandre Vázquez González


Categoría: Profesor e escritor.
Data de Nacemento: 13 de xullo de 1956
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Xeografía e Historia (Hª Contemporánea) pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese titulada "La emigración gallega a América, 1830-1930" (Santiago, 2000). É profesor titular de Escola universitaria con docencia na Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e Facultade de Relacións Públicas e Publicidade (Universidade de Vigo), profesor da Área de Historia e Institucións Económicas do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e institucións Económicas (Universidade de Vigo).

 Obras realizadas

Podemos destacar: -"La emigración gallega: Migrantes, Transporte y Remesas" en Sánchez Albornoz, N. (coord.): Españoles a América. La emigración en masa (1880-1930), Ed. Alianza, Madrid, 1988, pp. 80-104. -"Las dimensiones microsociales de la emigración gallega a América: La función de las unidades sociales informales", Rev. Estudios Migratorios Latinoamericanos, nº 22, 1992, pp 497-533. -"De la vela al vapor. La modernización de los buques en la emigración gallega a América, 1835-1939) en Estudios Migratorios Latinoamericanos, nº 28, 1994, pp. 569-596; -"La reducida aportación gallega a la agricultura americana, 1820-1936: Una interpretación" en Fernández, A e Moya, J.L:: La inmigración española en La Argentina, Ed. Biblos, Bos Aires, 1999, pp. 71-93.

 Outros datos de interese

É membro da Comisión Técnica do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e membro da Comisión Técnica (editora) da revista "Estudios Migratorios" do Consello da Cultura Galega.