En 1949, con 20 anos, emigra a Bos Aires. Desempeña diversos traballos. Fixo estudios diversos, tales como comercio, música, xornalismo, literatura. Descobre Galicia e fai intenso activismo cultural galego. Vincúlase a intelectuais do exilio: Seoane, Dieste, L. Varela, Valenzuela... É secretario xeral das "Mocidades Galeguistas" e codirector do xornal "Adiante". Participa na organización do primeiro Congreso Emigración Galega. Casa en 1957 coa cubana Anisia Miranda. Funda ese mesmo ano "Follas Novas", editorial e distribuidora de libros galegos. Publica en 1960 o poemario Dende Lonxe e en 1961 Memorias dun neno labrego, En 1961, Neira e Anisia van residir e traballar a Cuba. Traballa na Administración. Fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante 22 anos. Desde 1983 ata que se xubilou, en 1989, desempeñou o posto de redactor xefe da revista infantil "Zunzún". Nos 31 anos en Cuba escribiu a maior parte dos seus libros. Radicouse, con Anisia, en Galicia en 1992 onde preside a Fundación Xosé Neira Vilas.
Entre os libros publicados destacan: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, O cabaliño de buxo, De cando Suso foi carteiro, Historias de emigrantes, Tempo novo, Aqueles anos do Moncho, Querido Tomás, Galegos no golfo, Camiño bretemoso, A muller de ferro, Crónicas galegas de América, O home de pau, Lar, Nai, Pan Guerrilleiros, Galegos que loitaron pola independencia de Cuba, A lingua galega de Cuba, A prensa galega de Cuba, Castelao en Cuba, Rosalía de Castro en Cuba, Manuel Murguía e os galegos da Habana, etc...
Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.
Premio da Crítica Española, Premio de ensaio da Crítica Galega, Pedrón de Honra, Medalla Celanova Casa dos poetas, Vieira de Prata de Montevideo, Insignia de Ouro do Centro Galego de Barcelona, Premio Irmandade do Libro...
A Xunta concédelle a 'Medalla de Galicia' no ano 2015.