É deputado desde a II lexislatura. Entre os cargos políticos que desempeña destaca a presidencia do PP de Oleiros e a portavocía do Grupo Municipal Popular nese concello. Ademais, no seo do Parlamento de Galicia actúa como secretario do Grupo Parlamentario Popular e é membro do Consello Consultivo do PPdeG. Outros cargos públicos que figuran no seu curriculum son a dirección-xerencia e a secretaría do Padroado da "Fundación para a Investigación e Desenvolvemento de Recursos Mariños", a secretaría do Consello Regulador da Denominación de Calidade "Mexillón de Galicia" e a secretaría do Consello Económico da Universidade da Coruña.