Xosé Manuel Barreira Díaz


Categoría: Director xeral de Filmax
Data de Nacemento: 26 de maio de 1960
Lugar de Nacemento: A Fonsagrada (Lugo)
Teléfono: 981528200
Fax: 981557402
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Desde xaneiro de 2004 é director xeral de Filmax Entertainment en Galicia. Desde o ano 2000 ó 2003 foi director da división audiovisual da Corporación Voz de Galicia. De 1998 ó ano 2000 foi conselleiro e director de comunicación e relacións externas de PAD, S.A., (PRODUÇÃO DE ACTIVIDADES DESPORTIVAS) empresa radicada en Lisboa. De 1996 a 2000 foi director-xerente de FILIGRANA DIFUSIÓN, S.L. do grupo UNIPUBLIC. De 1985 a 1996, traballou como xefe de producción externa, xefe de producción propia e produtor na Televisión de Galicia. En 1984 foi delegado na Coruña da multinacional farmacéutica SANOFI. De 1982-1984, traballou no departamento comercial da industria téxtil SAEZ MERINO, S.A. de Valencia. Realizou un Master EAVE en producción de cine e TV (1993/94) e un curso para xornalistas no CENTER FOR FOREIGN JOURNALISTS, Reston (Virxinia, USA) en 1992, incluíndo prácticas na CNN International en Atlanta, Washington Miami. En 1981-82 levou a dirección de PYMES na escola empresarial de Caixa Galicia. Realizou varios cursos e seminarios de producción audiovisual e colaborou en cursos e másters de producción audiovisual das Universidades da Coruña, Porto e Oviedo, da escola de producción O RAIO VERDE de Santiago de Compostela e da Escola de Cine da Comunidade de Madrid.