Xosé Luís Martínez Pereiro


Categoría: Humorista e escritor
Data de Nacemento: 19 de outubro de 1959
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

O seu polifacético labor creativo abrangue desde o debuxo e relato humorísticos ata a seriedade obrigada das pezas dramáticas. Da man dos premios e mencións dos xurados chega ó mundo das publicacións literarias.

 Obras realizadas

TEATRO: Tres crimes en busca dunhas labazadas (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega, incluida na antoloxía Teatro nas aulas de Ed. Vía Láctea), Un día na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky (1987, Biblioteca do Arlequín, nº 1, Ed. Sotelo Blanco), Traxicomedia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana chamada Viriata (1989, IX Premio de teatro breve da E.D.G.), Monólogo con oito pausas e un falso espectador (1990, Cadernos da E.D.G.), Panexírico da lapa (2000, Revista Casahamlet, nº 2, Deputación da Coruña), Guiso de choupa (2001, Cadernos de Teatro nº 3, IGAEM), Carne de Estatua (2001, Baía Ed.) e Aproximación á muller nociva (2002, Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña). NARRATIVA: Amálgama de desquiciados (1992, Baía Ed.), O antropófago (1999, Egasur, S.L., Premio “A Peneira” de relatos curtos de humor), As irmás bastardas da ciencia (1999, Ed. Laiovento, VIII Premio de narración “Carvalho Calero”, Concello de Ferrol), Breviario de calamidades (1999, Espiral Maior), Medición definitiva do limbo (2000, Espiral Maior, II Premio “Cidade da Coruña” de literatura fantástica), A embaixada do vinagre (2002, Ed. Sotelo Blanco, III Premio “Risco” de literatura fantástica, Fundación Risco e Concello de Ourense), Palamades e a Besta Ladradora (2003, Espiral Maior, X Premio Manuel Murguía do Concello de Arteixo, incluido no volume De soños e memorias) e A muller mariña (203, Ed. A Nosa Terra, ilustrado pola pintora Ana Pillado). HUMOR GRÁFICO: Empeza da man de “Can sen dono”, para ingresar logo na nómina das revistas “XO!”, “Sapoconcho” e “O Farelo”. O seu corrosivo humor paséase por varias antoloxías: Os humoristas e a reconversión, Humor galego ao 88, Antoloxía Internacional de humor antirracista (con multiedición nas linguas da C. Europea, Université René Descartes, París, 1999), Catálogos “Curuxas” do Museo do Humor de Fene. En 1993 forma parte da embaixada que representou o humorismo gráfico galego na VIII Bienal Internacional do Humor (Cuba). No ano 2000 convence ó xurado internacional dos Premios “Castelao” de Humor Gráfico (Concello de Pontevedra) e comeza a súa andadura por terras lusas gracias a Humorgrafe (Vila Real, Idanha-a-Nova, Lousa...). A partir deste momento faise máis internacional o seu humor e chega ata Brasil (Piauí, Caratinga, Río Grande do Sul), Irán (Tabrizcartoons), Azerbaiján, Italia, Kenya, Polonia, Uruguai, Turquía, Alemaña, etc.

 Outros datos de interese

No mundo virtual é o socio nº 909 da Humoràlia web catalana, onde ten un chiste semanal e participa en varias páxinas esparcidas pola rede: www.portalelcan.com, www.tebeosfera.com, www.karikaturevi.com e www.vagaodohumor.com.