Xosé Farruco Graña Rama


Data de Nacemento: 7 de outubro de 1966
Lugar de Nacemento: Carballo (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Ao longo dos seus anos como estudante no IES Alfredo Brañas ten participado na vida do centro como representante estudantil e tamén en varias iniciativas culturais do centro; así mesmo, ten colaborado coa A.C. Lumieira, de Carballo. O seu compromiso co movemento estudantil continuou na USC mentres cursaba estudos de Filosofía, na Facultade de Filosofía e CC. da Educación, en Compostela. É un dos socio-fundadores da A. X. Os Gazafellos, do seu barrio natal da Milagrosa, en Carballo.

O seu labor profesional como profesor de Filosofía desenvolveuse sempre en Asturias desde o ano 1992. Todo centro educativo é un lugar de aprendizaxe para calquera profesional da educación, pero garda unha especial lembranza dos cinco cursos que pasou na Escola de Arte de Uviéu, impartindo Filosofía (no Bacharelato de Artes) e algunhas optativas relacionadas coa teoría da comunicación en Deseño Gráfico (posteriormente Gráfica Publicitaria). Actualmente é profesor no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casarego (Asturias). Desde que se desprazou ata as terras eo-naviegas fixou a súa residencia en Ribadeo, onde desde un primeiro momento integrouse no seu tecido asociativo (Asociación de Nais e Pais A Faxarda, SD Ribadeo, A.C. Francisco Lanza, ou Amadores da Música). Tamén se ten implicado politicamente na vida local e comarcal. Desde xuño de 2015 é concelleiro polo BNG-Asambleas Abertas en Ribadeo e é o responsábel das delegacións de Cultura e de Consumo.

 

Formación Académica

Titulación: Ldo. en Filosofía e Ciencias da Educación. (Sección Filosofía) Universidade de Santiago de Compostela. Ano 1990.

Especialista Universitario en Ciencia, Tecnología y Sociedad: Perspectivas Sociológicas. Curso de Formación impartido pola UNED. Madrid, 1996

 

Formación Complementaria

Asistencia a cursos, congresos e simposios

Ten realizado gran cantidade de cursos de formación referidos ao seu ámbito profesional (tanto de carácter científico como especificamente didáctico e relacionados así mesmo coa dimensión institucional da actividade educativa (xestión de centros, etc.).

 

Participación como relator e/ou comunicante en congresos e cursos de formación:

a) Participación como relator no Curso ACD-C obre Ciencia, Tecnología y Sociedad, organizado pola Sociedad Asturiana de Filosofía no marco de actividades de formación do profesorado do Centro de Profesores y Recursos (M.E.C.) e celebrado en Avilés do 12-III-96 ao 9-V-96 coas seguintes ponencias:

- Cantidad y calidad de los recursos técnicos disponibles: materiales y fuentes de energía. Técnicas y herramientas. Fuerza de trabajo.

- La financiación de la tecnología. Costes de la investigación, producción y distribución. Interdependencia y colaboración tecnológica.

 

b) Comunicacións en:

- XIX Semana Galega de Filosofía. “Filosofía e deporte”: Platón, ou a temperanza das almas mediante o exercicio físico. Pontevedra. 2002.

- XX Semana Galega de Filosofía. “Filosofía e compromiso”: O Compromiso de Ramón Piñeiro con Galicia. Pontevedra. 2003.

- XXII Semana Galega de Filosofía. “Filosofía e sustentabilidade”: A perspectiva CTS (ou de como formar cidadáns libres dun país cun desenrolo sustentable). Pontevedra. 2005.

- I Congreso virtual de educación en valores. Universidad de Zaragoza: CTS: la democratización de la sociedad tecnológica. www.unizar.es/cviev

- XXIV Semana Galega de Filosofía. “Filosofía e Diferenzas”: Tendendo pontes sobre augas turbulentas. Pontevedra. 2007.

- XXV Semana Galega de Filosofía. “Filosofía e Utopía”. Saudade da acción. Pontevedra, 2008.

 Obras realizadas

Publicacións:

De carácter científico e divulgativo:

- Luis Seoane. Compromiso fiel. Constante, en O pensamento galego na historia. Aproximación crítica. Coordinador: Xosé Luís Barreiro Barreiro. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago. 1990. Depósito Legal: C- 1067/1990. ISBN: 84-7191-652-5.

- Ciencia, Tecnología y Sociedad (Bachillerato LOGSE). Coordinador: Alberto Hidalgo Tuñón. Ed. Algaida. Sevilla, 1999. ISBN: 84-7647-883-6. Depósito Legal: M-26.884-1999.

- Platón, ou a temperanza das almas mediante o exercicio físico. in XIX Semana Galega de Filosofía. Filosofía e Deporte. Imprenta Diputación Provincial de Pontevedra. Depósito Legal: PO-120/02. I.S.B.N.: 84-8457-099-1. Pontevedra. 2002.

- O Compromiso de Ramón Piñeiro con Galicia. in XX Semana Galega de Filosofía: “Filosofía e compromiso”: Imprenta Diputación Provincial de Pontevedra. Depósito Legal: PO-67/03. I.S.B.N.: 84-8457-148-3. Pontevedra. 2003.

- A perspectiva CTS (ou de como formar cidadáns libres dun país cun desenrolo sustentable), in “XXII Semana Galega de Filosofía, Filosofía e sustentabilidade”. Imprenta Diputación Provincial de Pontevedra. Depósito Legal: PO-62/05. I.S.B.N.: 8457-223-4

- Tendendo pontes sobre augas turbulentas, in “XXIV Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Diferenzas”. Imprenta Diputación Provincial de Pontevedra. Depósito Legal: PO-105-07.

A saudade: unha porta ao mundo, in El Progreso de Lugo-A Mariña. 7, 24 e 25 de Maio e 14 de Xuño de 2005.

Saudade da acción, in XXV Semana Galega de Filosofía. Filosofía e utopía. Pontevedra, 2008. Depósito Legal: PO-108-2008. ISBN: 978-691-2188-7.

Desde o ano 2005 ten colaborado con diferentes medios galegos con artigos de opinión de diversa índole. Cabe destacar a serie de colaboracións mantidas ao longo do curso 2005-2006 co xornal El Progreso de Lugo na súa edición comarcal El Progreso-A Mariña baixo o título A Aula CTS. En anos sucesivos as colaboracións co xornal lucense, na súa edición comarcal, seguíronse sucedendo con temas variados (política local e comarcal, cultura, pensamento galego…) Tamén desde este ano 2005 as colaboracións co semanario La Comarcal del Eo téñense producido a cotío abordando temas de diverso tipo, mesmo con achegas de carácter literario.

Desde o ano 2006 ten colaborado coa edición comarcal de La Voz de Galicia en Carballo tamén con temas de divulgación científica e cultural do máis variados. Cabe destacar a sección de carácter semanal Tempos Novos mantida ao longo do curso 2006-2007 en dita edición comarcal. En anos sucesivos tamén se ampliaron estas colaboracións á edición comarcal da Mariña lucense. Houbo así mesmo colaboracións ocasionais co xornal bergantiñán Diario de Bergantiños.

Ao longo destes anos tamén se foron producindo colaboracións nas seccións de Opinión de xornais electrónicos como www.vieiros.com (desde maio de 2007 ata o seu peche), www.xornal.com (e posteriormente na edición impresa de Xornal de Galicia), www.galizanación.com, www.galiciaconfidencial.com, www.cronica3amariña.com, no semanario A Nosa Terra; desde a súa creación colabora co xornal www.prazapública.com tamén na sección de opinión.

 

De carácter literario:

Obra individual:

. O bosque de Nadgor. Agrupación Cultural Francisco Lanza. Ribadeo, 2007. Novela na que se aborda o problema da especulación urbanística e o feísmo. Conta coas colaboracións de Chema Santos Vila (8 ilustracións) e Chenchu López (deseñador da portada).

. O soño de Xoán. Edicións Embora. 2015.

. Ao longo do curso 2012-2013 xa publicara por entregas o relato “O soño de Xoán”, núcleo central da novela do mesmo título, no semanario ribadense La Comarca del Eo.

 

Obra colectiva:

. A Coruña á luz das letras, Editorial Trifolium. A Coruña, 2008. Participación co artigo: Viva a República!.

. Follas de Carballo. A.C. Lumieira. Carballo, 2011. Participa co relato O monxe voador.

. Cadernos ribadenses. Especial Letras de Ribadeo. A.C. Francisco Lanza. Ribadeo. 2013. Participa co relato Viaxe sideral (o terceiro dos relatos que compoñen a novela O soño de Xoán).

. Contos de taberna. Edicións Embora. 2014. Participa co relato Estación do progreso.

. Derrubando muros con pintura. Engaiolarte Edicións. Decembro de 2016. Participa co relato Soidades.

. Daniel Cortezón. Libro homenaxe ao intelectual ribadense. Participa co artigo Cortezón e a saudade.

 Outros datos de interese

Premios literarios:

. 3º Premio Certame de relato curto Concello de Quiroga 2008 co relato Viaxe de ida e volta.

. 3º Premio Revista “A Pipa” 2012 de Relato para maiores de 18 anos no 21º Certame Literario “A Pipa” 2012 da Alta Montaña Luguesa co relato A xustiza da memoria.

. 3º Premio do XV Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2012 co relato Campanas de Anllóns.

. Accésit na sección de narrativa na XVIII Edición do Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López 2012 polo relato O tren de Vilaoudriz.

. 1º Premio do X Certame de Narrativa Rosa Reboredo organizado pola A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá co relato Badaladas de Anllóns.