É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou como investigador nun proxecto do MEC sobre a obra do poeta galego José Ángel Valente.
Actualmente, traballa como lector na Universidade Estatal do Sur de Kazajstán M. Auezov, en Shymkent, Kazajstán.
É autor de tres poemarios: “Las almendras amargas” (editorial Scio, 2000), Cenizas (editorial Scio, 2005) e Secretos del Fénix (editorial Celya, 2010).
Obtivo os premios “Lucus Augusti de poesía 2007” e o “Ánxel Fole 2008 en lingua castelá” polo relato Mujeres para entretener a un preso.
En 2006 viaxou coa fotógrafa Susana Girón a Kenia para realizar unha serie de traballos fotográfico-literarios sobre as comunidades masai e, en 2010, colaborou con esta artista na súa obra Legados: generaciones en tránsito.
Foi poñente e voz activa en múltiples conferencias e recitais, destacando os realizados no Círculo das Artes de Lugo, a Universidade Carlos III de Madrid e o Instituto Cervantes de Salvador de Bahía, Brasil.
En 2008, disfrutou dun Convenio Bilateral na Universidade Federal de Bahía (UFBA), onde profundizou no seu coñecemento das literaturas brasileña e africanas en lingua portuguesa.
Traballou como voluntario nun proxecto de alfabetización destinado ós nenos da rúa da cidade de León, Nicaragua e dirixiu diversos talleres literarios e de iniciación á lectura para nen@s.
Nos anos 2008 e 2009 foi director de Evohé, a revista cultural da Universidade de Santiago de Compostela.