Fernando Patricio Cortizo


Data de Nacemento: En 1972
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Técnico especialista en cultivos mariños. Historiador naval e investigador de naufraxios. Ten coma afeccións relacionadas á súa actividade literaria; a pesca submarina, a fotografía, o debuxo e a pintura.

 Obras realizadas

LIBROS EDITADOS

-Manual do alumno de mergullo con tubo, Edicións Lea, Santiago de Compostela, 1999.

-Historia da Costa galega e dos seus naufraxios S. I- S.XIX, Edicións Lea, Santiago de Compostela, 2000.

-Historia da Costa galega e os seus naufraxios S.XX, Edicións Xerais, Vigo, 2004.

-Escarnio: La tragedia gallega del Prestige, Imp.San Esteban, Fene, A Coruña, 2005.

- De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam. Edicións Embora, Ferrol, 2014. (Coautor xunto a Xabier Maceiras Rodríguez).

 

OUTRAS PUBLICACIÓNS

-Autor da listaxe de naufraxios incluídos no CD-ROM Tesoros del mar de Galicia, Ediciòns Lea, Santiago de Compostela, 2000.

-Naufraxios, Enciclopedia Galega, Lugo, 2005.

-Mareas Negras, Enciclopedia Galega, Lugo, 2005.

-Notas dun antigo naufraxio en Cobas, Revista Cultural Columba nº 14, marzo de 2014, pp. 40-81. (Coautor xunto a José López Hermida).

 

COLABORACIÓNS

-Redactor das seccións de Actualidades e Bioloxía na revista Espacio submariño nos números 0, 1, 2, 3, 4, 5.

-Autor da reportaxe O naufraxio do Nantes no nº 2 da revista cultural O Talieiro.

-Autor da reportaxe El patrimonio sumergido en Galicia na revista conmemorativa do XLIX Cpto. de España de Pesca Submarina celebrado na Coruña.

-Colaborador da televisión de Galicia en tres programas dedicados aos naufraxios nos anos 2000, 2001 e 2004.

-Colaborador coa canle Cuatro televisión, nunha reportaxe sobre os naufraxios na Costa da Morte para o programa 4º milenio. Xaneiro de 2010.

-Colaborador do xornal La Voz de Galicia edición Ferrol en catro reportaxes ó longo dos anos 2003, 2004 e 2005

-Autor do Limiar do libro: O mar de Arteixo e os seus naufraxios, escrito por Xabier Maceiras Rodríguez, editado pola A.A.CC. Monte da Estrela, xaneiro de 2013.

 

RADIO

-“O embigho do fin do mundo” presentado por Suso Lista, en Corme, ó longo do ano 2009, sobre naufragios e a historia marítima de Galiza.

 

CONFERENCIAS

-Naufraxios en Galicia, II Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son, agosto do 2003.

-Os naufraxios na costa de Ferrolterra, S.C. Columba, www.sociedadecolumba.com Cobas, Ferrol, outubro do 2004.

-Mareas negras. Escarnio: la tragedia gallega del Prestige. Casino do Seixo, Mugardos, febreiro do 2006

-Mareas negras. Escarnio: la tragedia gallega del Prestige. Casino da AA.VV. San Xóan, Narón, xullo do 2006.

-Naufraxios nas rías de Ares e Ferrol organizada polo Casino de Mugardos en xullo do 2006.

-Naufraxios na ría de Corme e Laxe celebrada na Casa do Mar de Corme e organizada pola AA.VV Eduardo Pondal en decembro do 2006.

-1º Encontro: Man de Camelle organizado polo Concello de Camariñas no mes Novembro de 2007 na vila de Camelle.

-2º Encontro: Man de Camelle organizado polo concello de Camariñas no mes de Nadal do 2008 na vila de Camelle.

-Naufraxios na Costa da Morte. Organizada por Suso Lista e a Confraría de pescadores de Corme. Xaneiro do 2008.

-I xornada cultural Conversas Atlánticas. Organizada pola AA.VV. Eduardo Pondal de Corme, no Casino. Nadal de 2009.

-Naufraxios no mar de Caión, organizado por Marcos E. Amado, polo Arquivo da Pesca e pola Confraría de Pescadores de Caión, (www.arquivodapesca.org) xunto a Xabier Maceiras, 23 de agosto de 2013.

 

PRESENTACIÓNS E OUTROS ACTOS

-Presentación do libro, Historia da costa galega e os seus naufraxios S.I-XIX, no Clube do Mar de San Amaro, en A Coruña, no mes de decembro do 2000.

-Presentación do libro, Historia da costa galega e os seus naufraxios S.XX, na libraría Librouro, en Vigo, no mes de xuño de 2004.

-Presentación do libro, Historia da costa galega e os seus naufraxios S.XX, na feria do libro de A Coruña, no mes de agosto de 2005.

-Presentación do libro, Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios, de Rafal Lema Mouzo, en xaneiro de 2012 en Muxía, e no mes de marzo de 2012 no Náutico de A Coruña.

-Lectura dun manifesto en homenaxe a Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, co motivo do 10º cabodano do seu finamento, na Casa do Alemán en Camelle, o 28 de decembro de 2012.

-Presentación do libro, O mar de Arteixo e so seus naufraxios, de Xavier Maceiras Rodríguez o 15 de febreiro de 2013, na libraría A Lus do Candil de Arteixo.

-Presentación do libro: De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam, xunto a Xabier Maceiras na Confraría de Pescadores de Malpica, o 11 de xaneiro de 2014; na AA.CC. Alexandre Bóveda de A Coruña, o día 30 de xaneiro; na Libraría Alusdocandil de Arteixo, o venres 14 de febreiro; na AA.VV. Agra do Orzán na Coruña, o xoves 20 de marzo; na Biblioteca veciñal da AA.VV. Atochas-Monte Alto, o venres 21 de marzo; na Libraría Brañas de Carballo, o sábado 5 de abril.

 

EXPOSICIÓNS

Creación da exposición fotográfica Galiza: Terra e mar que conta con tres coleccións: Ferrolterra e Ortegal, Costa da Morte e Atlántida de Breogán que no decurso do ano 2006 foi mostrada ao público no Casino do Seixo (Mugardos), C.C Odeón (Narón), Asociación Cultural Ceibe San Xiao (Narón), Casino de Mugardos, Cafetería Lembranza (Fene), Libraría Cartamar (A Coruña), C.C Odeón ( Narón) en outubro de 2007, Casa do Alemán, Camelle, en novembro de 2007, Cafetería El Café (Ferrol) en abril e maio de 2008 e Bar O Casino, Corme, do 30 de decembro de 2009 ao 12 de xaneiro de 2010.

 Outros datos de interese

PREMIOS E GALARDÓNS

Outorgado o 2º premio na XV edición do Concurso Fotográfico Ramón Caamaño Bentín (decembro de 2007), Muxía, pola fotografía: Peirao ancorado no tempo.