Xosé Carlos Caneiro


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1963
Lugar de Nacemento: Verín (Ourense)
 Currículum

Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de EXB (Especialista: lingua galega, francesa, castelá, ciencias sociais). Coordinador do Centro Público de Educación Permanente de Adultos RA-DIO ECCA en Verín.

 Obras realizadas

Comezou a publicar libros, concretamente poesía, no ano 1984 (O esculpido sorriso dos teus beizos). Premios: -Celso Emilio Ferreiro, - Cidade de Ourense, - Xohán Carballeira, - Rosalía de Castro de poesía (polos libros Da túa ausencia (1991), Estación Sur (1994), A Valga do triste amor (1997) e o conxunto de poemas No tempo das cereixas. -Premio Xerais de novela (O infortunio da soidade -1992). -Breogán por Bette Davis, por favor, incluído en Loias, lucérnulas e outras historias no fío de Monterrei, (1995). -Ourense de contos O caso de Horacio Solveira, incluído en Historias no fío de Monterrei -1988. - Premio Castelao de Narrativa 1996 Trinta e sete días sen verte, Laura incluído en Unha liña no ceo, 58 narradores galegos -1996. -Monte da Condesa de relatos 1996 Zapatos de cristal, blues, editado en 1997 pola USC. -Torrente Ballester de narrativa 1996 Un xogo de apócrifos-1997. -Premio Nacional da Crítica 1998 e entre os finalistas do premio Nacional de Narrativa 1998. a novela foi editada en castelán no mes de marzo de 2000 na colección ESPASA NARRATIVA, coa traducción de Rodríguez Baixeras). -Recentemente (18-6-1999) ganador da XI EDICIÓN do Premio de novela García Barros coa novela Tal vez melancolía, publicada en novembro de 1999. -No mes de outubro de 1999 premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. -En xaneiro do ano 2000 foi premiado no Certame de novela breve Lueiro Rey. -En marzo de 2000 I Premio Risco de literatura fantástica coa novela A rosa de Borges. -En maio de 2000 - Manuel Murguía de relatos con As flores en Irlanda. -Ten recibido, así mesmo, bolsas da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia nos apartados de poesía, ano 1990; novela, ano 1992; narrativa curta, ano 1994. En 1996 foi o único narrador galego que recibiu unha bolsa do Ministerio de Cultura para a Creación Literaria, pola novela Os séculos da lúa. -Ten colaborado tamén na redacción de estudios sobre lingua e literatura, libros como Antoloxía da Literatura Galega ou Letras Galegas ou Unha semana e media de teatro figuran nesa faceta da súa producción. Como traductor verteu ó idioma galego as obras teatrais O auténtico Oeste, de Sam Shepard, Dani e Roberta, de John Shanley, Parella aberta, de Darío Fo, O contrabaixo, de Patrick Suskind. Coordinou o libro Contos e lendas do val de Monterrei (a publicar proximamente). -Ademais destas obras editou no 1991 O buscador de nada -unha compilación de ensaios e artigos xornalísticos- e en xaneiro do 2000 o relato A nave..., un texto que pretende resaltar a beleza da vila ourensá de Allariz. -Ten aparecido en varios libros colectivos e escolmas de poesía ou narrativa, así como en diversas revistas. -En decembro de 1997 publicou unha antoloxía de relatos titulada Estado permanente de fracaso. -No mes de abril de 1999 saíu do prelo o poemario Aínda soñas con piratas? -A novela Os séculos da lúa está desde primeiros de xuño de 1999 nas librerías. - A editorial DTV (Deutscher Taschenbuch Verlag) en Munich-Alemaña, que publica a autores como Eco, Virginia Wolf ou Javier Marías, adquiriu os dereitos en alemán dos seus libros Ébora e Un juego de apócrifos.

 Outros datos de interese

-Participa dende hai tempo en seminarios sobre o idioma galego e a súa literatura, como membro e coordinador dos mesmos. -Colaborador habitual de numerosas publicacións dende o ano 1981 (actualmente é colaborador habitual do diario "La Voz de Galicia" e ten colaborado con Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo,...). -Coordinador da revista ?A RECCAMARA?. Coautor do libro A memoria de Ourense (1999). - Ten impartido numerosos cursos de lingua e literatura, conferencias, relatorios en encontros e congresos e, tamén, múltiples recitais de poesía acompañado por diversos grupos musicais.