Eduardo María González Pondal y Abente


Pseudónimo:Arístides Valtierra, Ezequiel e O Proscrito de Almendares
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 8 de febreiro de 1835 (†8 de marzo de1917)
Lugar de Nacemento: Ponteceso (A Coruña)
 Currículum

Cando só contaba cun ano de idade quedou orfo de nai e é criado polas súas irmás que lle ensinan as primeiras letras. Posteriormente estudia gramática, latín e grego baixo a supervisión do párroco de Touriñán, que tiña unha Escola de Gramática en Vilela de Nemiña. Entre 1847 e 1848 marchou a Santiago onde comezou os estudios do bacharelato. Víctima dunha longa enfermidade ten que volver a Ponteceso facendo por libre os cursos necesarios para remata-lo bacharelato. No ano 1860 remata a carreira de Medicina en Santiago de Compostela. Presentouse a unhas oposicións convocadas polo Corpo de Sanidade Militar o 16 de marzo de 1863 e foi destinado como segundo axudante médico á fábrica de fundición e armas de Trubia en Asturias. Pero pronto abandonou a sanidade sendo dado de baixa como facultativo do Corpo de Sanidade Militar para dedicarse definitivamente á poesía.

 Obras realizadas

OBRAS: Con motivo dos primeiros Xogos Florais de Galicia o 2 de xullo de 1861 aparece publicado en El Álbum de la Caridad o primeiro poema de Pondal escrito en galego titulado A Campana de Anllóns. É un poema cheo de melancolía no que expresa un grande amor pola terra. Esta primeira edición contaba só con 12 estrofas, pero en 1895 sería publicado en A Coruña con 81. Desde o ano 1861, Eduardo Pondal escribiría en galego ou castelán segundo as circunstancias. Desta época é o comezo dun famoso proxecto de creación dun extenso poema épico titulado A América descuberta. Este poema chamaríase máis tarde Colón e finalmente quedaría co nome Os Eoas. Pondal non chegou a publicar este poema e nel aparece claramente a influencia da obra Os Lusiadas de Camoens. En 1877 publicou o seu primeiro libro, titulado Rumores de los pinos, composto de poesías en galego e castelán. Despois da publicación deste libro xa non volvería escribir poesía en castelán. Pero en 1886 publícase en A Coruña Queixumes dos pinos, que non só é unha extensión do anterior senón que supón unha superación desde o punto de vista ideolóxico, artístico e lingüístico. Neste novo libro, Pondal incluíu algúns poemas do primeiro, que xa estaban en galego, e traduciu outros que gañaron en valor estético. Xa despois da súa morte, a Real Academia Galega sacaría á luz no ano 1935 un segundo Queixumes dos pinos, que incluía 38 poemas máis, uns inéditos e outros descoñecidos. OUTRAS ACTIVIDADES: Colaborou asiduamente en varias revistas de ámbito nacional e internacional como Revista de las Provincias, Boletín de la Biblioteca-Museo Balaguer, La España Regional e noutras moitas que se publicaban en América. Foi socio de número da Academia Galega. No ano 1900 foi nomeado socio de mérito pola Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago en recoñecemento dos valores artísticos da súa obra. En 1910 recibe tamén o título de académico honorario pola Academia da Poesía Española.

 Outros datos de interese

Algunos de los poemas de Pondal fueron traducidos a lenguas extranjeras. -Aubrey F. G. Bell insertó varios poemas de Pondal, traducidos al inglés, en su libro Spanish Galicia (1922). -Ruth Matilda Anderson tamén engadiu poemas de Pondal ó seu libro Gallegan Provinces of Spain, Pontevedra and La Coruña. -A obra de Pondal tamén foi traducida ó sueco por Goran Bjorkman como parte dos seus dous libros Ur spanies samtida diktning e Genjlud fran hesperienof versattningar publicados en 1895 e 1899 respectivamente.