Manuel Quiroga Losada


Categoría: Violinista
Data de Nacemento: 15 de abril de 1892 (†19 de abril de 1961)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Con 12 anos trasládase a Madrid cunha bolsa da Deputación de Pontevedra para estudiar no Conservatorio José del Hierro. Deu concertos en Madrid, Vigo e noutras capitais, conseguindo un gran éxito. En 1909 trasládase a París e ingresa no seu conservatorio. En 1914 viaxa a Nova Iorque onde triúnfa plenamente. Recorreu triunfalmente os EE UU, Cuba, Canadá, Sudamérica,...

 Obras realizadas

Entre as súas creacións destacan: Caprichos para violín y solo y para 2 violines, Concertos anticos, Alborada, Muiñeira, Canto amoroso, Rondalla, Danzas españolas, Habanera, Jota, Lonxe da terriña, Apuntes para violín, Danzas argentinas, Zortzico, Canto y danza andaluza,...Tamén gravou en disco obras doutros compositores.

 Outros datos de interese

En 1911 consegue o premio internacional do conservatorio de París e o "Pablo Sarasate" para novos virtuosos. En 1919, con 26 anos, Pontevedra dedícalle unha rúa, recibindo unha gran homenaxe.