Felipe Macías Vázquez


Categoría: Químico
Data de Nacemento: 9 de abril de 1948
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

-Licenciado en Química en 1970.
-Doutor en Química en 1974.
-Profesor interino de Edafoloxía (1971-78).
-Prof. Adxunto Numerario de Edafoloxía (1978-80).
-Prof. Agregado Numerario de Edafoloxía (1980-84).

 Obras realizadas

-Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola e Coordinador do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago desde 1984.
-Coordinador do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago desde 1997.
-Coordinador do curso de terceiro ciclo «Medio Ambiente y Recursos Naturales» da USC. (Mención de calidade MCD2006-00169) desde 1986.
-Coordinador do Máster «Medio Ambiente y Recursos Naturales» da USC desde 2009.
-Membro electo da «Académie d’Agriculture, Alimentation et l’Environnement» de Francia na sección «Physique et Chimie des Milieux et des êtres vivants» desde 2005.
-Membro do consello de redacción de Annales de l'Institut National Agronomique (Alger), Etude et Gestion du Sol (Francia) e Naturalia Cantabricae.
-Avaliador de proxectos da CICYT nos programas de Ciencias da Terra, Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Proxectos Industriais. Vogal e secretario do Comité de Ciencias da Natureza da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (2003-2005).
-Avaliador de artigos nas revistas: Catena, J. Soil Science, Environmental Pollution, European J. Soil Science, American J. Soil Science, The Science of Total Environment, Water, Air and Soil Pollution, Geoderma, J. Environmental Quality, Edafología, Environmental Soil Pollution, Clay Minerals, Ciencia del Suelo (Arxentina), Chemosphere, Gestion du Sol…
-Membro da Sociedade Española de Ciencia del Suelo, da Association Française pour l’Etude du Sol, da Soil Science Society of America, da International Soil Science Society e da Sociedade Brasileira de Ciência do Solo.
-6 quinquenios de docencia e 6 sexenios de investigación recoñecidos.
-Director de 25 teses doutorais.
-Autor de máis de 250 publicacións en temas de Ciencia do Solo, Bioxeoquímica de sistemas superficiais (solos, augas e hábitats), Avaliación e Planificación de Recursos Naturais, Solos Contaminados, Recuperación de Solos e Augas, Avaliación de Impactos e Riscos Ambientais, Secuestro de Carbono…
-Investigador principal de máis de 100 proxectos de investigación. Entre os que cabe destacar:
 
*Recuperación das escombreiras da Mina Puentes. Financiado pola Unión Europea e ENDESA.
*Plan de Recuperación dos solos da conca do río Guadiamar contaminados polo verquido da mina de Aznalcóllar. Financiado por Boliden e EGMASA (Junta de Andalucía).
*Sensibilidade á acidificación dos solos españois. Financiado pola CICYT.
*Contaminación de solos e augas por residuos agrarios eutrofizantes. Xunta de Galicia.
*Recuperación dos ríos Lañas, Brandelos e Pucheiras, no contorno da mina Touro. Financiado pola Xunta de Galicia.
*Procesos de fixación de carbono en sistemas superficiais do Noroeste de España: Elaboración de estratexias de redución do CO2 atmosférico a través do solo e a biomasa. CICYT.
*Procesos bioxeoquímicos e comunidades bentónicas en fondos de rías baixo bateas de mexillón. Consellería de Pesca e Marisqueo. Xunta de Galicia.
*“Bioxeoquímica do arsénico en solos da conca do río Guadiamar afectados polo verquido da mina de Aznalcóllar. Contido, formas, distribución, tendencias de evolución e propostas de actuación para a recuperación dos solos contaminados por As". CICYT.
*Pedología e impacto antrópico sobre a qualidade dos solos em áreas de mangue no estado de Sao Paulo. FAPESP-USP.
*Recuperación de solos contaminados por lindano mediante técnicas de bio e fitorecuperación. Proxecto coordinado Universidade da Coruña-USC-CSIC. Xunta de Galicia.
*Solos e biomasa como sumidoiros de carbono. Xunta de Galicia (2002-2004).
*Seguimento das labores de recuperación de solos e sedimentos litorais afectados polo verquido de hidrocarburos do Prestige. Ministerio de Medio Ambiente.
*Pedoloxía e comportamento bioxeoquímico de metais pesados e contaminantes orgánicos en solos de ambientes estuarinos de clima tropical (manglares de Brasil) e clima tépedo (marismas das rías de Galicia). Ministerio de Educación e FAPESP-BRAZIL.
*Sistema para a xestión integral dos residuos producidos polo mexillón cultivado en bateas e longlines. LIFE-UE (Cetmar- USC- Opmega- Mexillón de Galicia).
*Estabilización de compostos de carbono orgánico en procesos de recuperación de solos degradados a partir de biorresiduos fermentables. Comparación da eficiencia de diferentes técnicas de acondicionamento. USC-Univ. León-Neiker. Ministerio de Medio Ambiente.
*Secuestro e estabilización de carbono en plantacións convencionais e cultivos de biomasa de alta densidade de Eucalyptus en diferentes condicións edafoclimáticas e sistemas de xestión ambientalmente sostibles na Península Ibérica. Ministerio de Educación e Ciencia-INIA.
*Elaboración de solos derivados de residuos e a súa modelización. Xeración de datos experimentais para a predición das formas de carbono orgánico e mecanismos de estabilización. Ministerio de Educación.
*Establecemento dos niveis xenéricos de referencia de metais pesados e outros elementos traza en solos de Galicia. Xunta de Galicia-Consellería de Medio Ambiente (2007-08).
*Elaboración e revisión dos aspectos relacionados cos solos dos hábitats do anexo 2 da Directiva 92/43/CEE presentes en España. Ministerio de Medio Ambiente-TRAGSA (2007-08).
 

 Outros datos de interese

OUTROS CARGOS E ACTIVIDADES PROFESIONAIS ANTERIORES
-Secretario e Vicedecano da Facultade de Bioloxía. 1982-86.
-Director-Comisario da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo. 1986-87.
-Director Xeral da Axencia de Calidade Ambiental. Consellería de Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia. 1988-89.
-Director do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola (1987-89 e 1992-2000).
-Membro do Consello de Administración de SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente) en representación da Xunta de Galicia. 1990-99.
-Membro electo da Comisión Galega de Medio Ambiente como experto de recoñecido prestixio. 1996-2007.
-Membro do “Working Group on Research” da Estratexia Europea de Solos (en representación do Ministerio de Medio Ambiente). 2002-2006.
-Vogal do Comité de Ciencias da Natureza da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 2003-2005.
-Membro do grupo de traballo sobre a Rede Natura: Adaptación, Seguimento e Alternativas de mellora do Ministerio de Medio Ambiente en colaboración con Biosfera. 2006-2009.
-Presidente da Sociedade Española de Ciencia do Solo. Desde 2001-2009.
-Director de Edafoloxía. 1999-2009. Membro do consello de redacción de: Annales de l'Institut National Agronomique (Alger), Etude et Gestion du Sol (Francia), Thalassas, Nova Acta Científica Compostelana e Naturalia Cantabricae.
-Avaliador de Centros de Investigación do INRA (Institut Nacional de la Recherche Scientifique, Versailles) e do CIRAD (Cooperation Internationale en Recherche Agronomique pour le Développement, Montpellier).