Ricardo Gurriarán


Data de Nacemento: En 1953
Lugar de Nacemento: O Barco de Valdeorras
 Currículum

É licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid e desenvolve o labor docente no IES A. Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977.
Doutorouse en Historia Contemporánea na USC (2004) co traballo «A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra Civil». Comezou a investigar sobre Valdeorras, a guerra civil e o exilio literario e científico.
 

 Obras realizadas

Participou en varias obras colectivas e foi comisario de diferentes exposicións.
Forma parte de varios equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de marzo.
Ten publicados máis de cincuenta artigos e media ducia de libros.
Actualmente, centra os seus estudos na investigación dos movementos sociais na Universidade de Santiago.
Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968” (2010) é o seu primeiro libro no catálogo de Xerais.

 Outros datos de interese

Obtivo o Premio Tertuliano Hervella (2003) con Gonzalo Gurriarán (1904-1975); e o Premio da Crítica (2007) coa publicación Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1936).