Xoán Ramón é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente desenrola a súa actividade profesional no Centro de Información e Interpretación do Camiño Norte, situado na igrexa do antigo mosteiro de Alcántara, da cidade de Mondoñedo. Nel atende a peregrinos, visitantes e colexios dando información tanto do Camiño Norte como dos escritores, músicos e da historia de Mondoñedo.
Desde el mes de Julio de 2021, es el Cronista oficial del Ayuntamiento de Foz.
Como sempre afirma Xoán Ramón a súa gran paixón é a investigación histórica, perdéndose polas páxinas de vellos documentos. Froito desta paixón e de horas de traballo, son os seguintes libros:
- Recuperación da memoria histórica. Foz (1993), en coautoría con Pilar López;
- O Camiño de Santiago na Mariña Lucense (2004);
- San Gonzalo. Bispo Mindoniense (2008);
- Hospitalidade e Peregrinación. O Camiño Norte na Mariña de Lugo (2009);
- A francesada en Viveiro (2009);
- Camiño do Mar (2011).
Ademais ten colaborado en revistas de estudos históricos cos seguintes artigos:
Organización administrativa do concello de Foz (1835-1975), I Xornadas de historia local da Pomba do Arco (1997). Libro de usos e costumes do convento de San Martiño de Xubia (2005) e Poboación e igrexa no bispado de Mondoñedo en 1782 (2007), publicados en Estudios Mindonienses. O hospital de peregrinos de San Sebastián en San Martiño de Mondoñedo (2003) e Vínculo herdeiro da Casa Grande de Marzán (2010), publicados en Bolanda: Revista de Estudos Focegos; O patrimonio documental no Camiño Norte (2010), no libro "O Camiño de Santiago para o século XXI"; "Unha nova vía de peregrinación: O Camiño do Mar" (2011), en Ad Límina (Revista de investigación do Camiño de Santiago e as Peregrinacións); O Camiño de Santiago pola Mariña de Lugo e do Ortegal (2020) na revista de estudios locais de Ortigueira Terras do Ortegal; Apuntes sobre la presencia corsaria en las costas del Norte de Galicia: Una aproximación cuantitativa: Siglos XVIII y XIX (2019), publicado na Revista de Historia Naval do Ministerio de Defensa; Notas para o estudo da conserva hermética de peixe na Mariña de Lugo: O caso DALO (2020), en coautoría co catedrático Xosé María Leal Bóveda e publicado en Nova Ardentía: Revista de cultura marítima e fluvial.
Outras colaboracións súas aparecen en xornais dixitais como Terra e Tempo (2010-2015); na revista Cadea Branca, editada polo Seminario de Estudos do Valadouro; no xornal Mondoñedo ou na revista O Son da Paula, que edita o I.E.S. San Rosendo de Mondoñedo.
Durante os anos 2017 e 2018 mantivo no xornal 'El Progreso' a sección 'Mar de Mortos', no que, cada domingo, publicaba un artigo sobre temática mariñeira. Dende o 2019 e ata agora mantén neste xornal o apartado titulado 'Historias da Mariña' onde aborda diversos temas históricos da Mariña de Lugo.
Aparte de todas estas publicacións ten impartido conferencias sobre temas como: As peregrinacións; O Camiño Norte; O Camiño do Mar; A Presencia de Corsarios e Piratas nas costas Lucenses; A guerra contra o francés en Arante; O mosteiro de Vilanova de Lourenzá; Crónica negra; Fidalguías focegas e sobre a figura de San Gonzalo e os normandos, tanto en concellos da Mariña de Lugo como de fóra dela.