Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (sección Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela (1989-92), é director de técnicas psicodramáticas, Alea Psicólogos (A Coruña). Ademais, fala galego, castelán, inglés e francés. No campo teatral, foi monitor de ‘Expresión Corporal’ do Centro de Actividades de Cruz Vermella (1994-98), membro do equipo de psicodrama do Centro de Actividades de Cruz Vermella desde 1995 ata a actualidade e membro do grupo Achádego desde 1993 á actualidade.
Dirixiu as pezas teatrais dos seguintes obradoiros e/ou grupos:
CLUB DE XUBILADOS DA MILAGROSA:
-1994: ‘O Traxe Novo do Emperador’ (Adaptación do conto), Aulas da Terceira Idade.
-1995: ‘Cantar de Cego’ (Creación propia).
GRUPO DE TEATRO DO CLUB DE XUBILADOS DE CAIXA GALICIA DE LUGO:
-1995-96: ‘A Última Actuación de Dévorah Dorah’ (Creación propia).
-1996-97: ‘Borralliña’(Adaptación do conto dos Irmáns Grimm).
-1997-98: ‘El Chocolate’ (Creación propia).
-1998-99: ‘A Herdanza’ (Creación propia).
-1999-00: ‘La Vecinita del Cuarto’ (Creación propia).
-2000-01: ‘O Cego na Feira’ (Creación propia).
2001-02: ‘Eloísa está debajo de un Almendro’ (Enrique Jardiel Poncela).
OBRADOIRO DE TEATRO NOVA ESCENA DO CENTRO SOCIAL MILAGROSA II:
-1997-98: ‘Lisístrata’ (Aristófanes).
-1998-99: ‘O Sono dunha Noite de San Xoán’ (Adaptación da obra de W. Shakespeare).
-1999-00: ‘A Muralla Rosa’ (Creación propia).
-2000-01: ‘Albo Neves e as Sete Perdidiñas’ (Creación propia).
-2001-02: ‘Borralliña’ (Creación propia).
OBRADOIRO DE TEATRO DO CENTRO SOCIAL DE FINGOI:
-2000-01: ‘Os Cen Mil Fillos de Pilatos’ (Creación colectiva).
-2001-02: ‘O Traxe Novo do Emperador’ (Adaptación do conto).
GRUPO ACHÁDEGO:
-1997: ‘A Lus do Candil’ (Adaptación dos contos de Ánxel Fole).
-2002: Espectáculo ‘A Relixión Romana’ dentro do proxecto URBIS.
ASOCIACIÓN CULTURAL-TEATRAL NOVA ESCENA:
-2003: ‘O Decamerón’ (Adaptación da obra de G. Boccaccio).
-2004: ‘A Irmá Mª Ignacia....’ (Adaptación da obra de C. Durang).
-2005: ‘Lisístrata’ (Adaptación da peza de Aristófanes)
Como actor colaborou en:
GRUPO TEATRAL ACHÁDEGO:
-1993: ‘Skechs de Cine’ na XV Semana de Cine de Autor.
-1994: ‘Cara de Plata’ (Valle Inclán) no Teatro Lido.
-1995: ‘Dos Arquivos do Trasno’ (Rafael Dieste).
-1997: ‘A Lus do Candil’ (Adaptación dos contos de Anxel Fole).
-1998: ‘Maxia Vermella’ (Michel de Ghelderode) papel de Monxe. 22 funcións.
-1999: ‘Chuvia de Anxos sobre París’ (Alfonso Sastre) no papel de Anxo. 22 funcións.
-2000: ‘Aulularia’ (Plauto) nos papeis de Deus Lar e Estróbilo. 22 funcións.
-2001: ‘A Tempestade’ (W. Shakespeare) no papel de Sebastián. 7 funcións.
-2002: ‘Olimpión, Sacerdote Romano’, en ‘A Relixión Romana’ do proxecto URBIS.
OUTROS GRUPOS:
2002: ‘Borralliña’, en Nova Escena, (creación propia) nos papeis de Rei Cintolo, zapateiro e Raíña Madrepérola.
2002: ‘Os Miserables’ (Víctor Hugo), produción do grupo Palimoco.
CINE, VÍDEO E TV:
-1994: ‘O Bo Cidadán Fai a Boa Cidade’, oito anuncios emitidos pola TVG baseados no libro de Blanco Amor ‘Las Buenas Maneras’ e ‘O Irlandés Astrólogo’ (Luis Seoane) no papel do profesor.
-2003: ‘O Ladrón de Reliquias’, dirixida por José de Cora, interpretando a Matón como actor de reparto.
TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN DE OBRAS TEATRAIS:
-1997: ‘Lisístrata’ (Aristófanes), tradución do castelán e adaptación.
-1997: ’A Lus do Candil’ (Anxel Fole), adaptación.
-1998: ‘O Sono de unha noite de San Xoán’ (W. Shakespeare).
-1999: ‘Molière, o el Carnaval de los Hipócritas’. Tradución da peza de Bulgakov compartida con Mohammed Chaoui.
-2003: ‘Os Miserables’, versión en galego para o grupo Palimoco teatro.
-2003: ‘A Irmá María Ignacia explícavolo todo’ (Chistopher Durán).
-2004: ‘Lisístrata’ (Aristófanes). Adaptación.
CREACIÓN DRAMÁTICA:
-1988-89: Guións do programa de Radio Clavi ‘Sonrisas y lágrimas de alguien que voló sobre el nido del cuco y soñó con el sol’.
-1989: ‘Prometeo’.
-1994: ‘O Traxe Novo do Emperador’.
-1995: ‘Cantar de cego’ e ‘A última actuación de Dévorah Dorah’.
-1996: ‘El Chocolate’ e ‘Engadindo pedras’.
-1997: ‘Borrallina’.
-1998: ‘A Herdanza’.
-1999: ‘A Muralla Rosa’ e ‘La vecinita del cuarto’.
-2000: ‘Albo Neves e as Sete Perdidiñas’.
-2003: ‘O Decamerón’ (Adaptación libre da novela de Giovanni Boccaccio).
-2004: ‘As Fillas de Eva’.
GUIÓNS:
-2003: ‘Duas mil unha ilusións’, guión creado para Creacións Máxicas (Mago Antón).
-2004: ‘O aforcado’, creado para Creacións Máxicas (Mago Antón), espectáculo inédito e ‘Armas Baixo Control’, guión creado para Creacións Máxicas (Mago Antón).
PUBLICACIÓNS E CONFERENCIAS:
-2000: ‘Teatro e Psicodrama’. Revista da Asociación Portuguesa de Psicodrama.
-2005: ‘Reflexións dun amante en busca de identidade’.
É membro da Asociación Española de Sicodrama e Sicoterapia de grupo desde 1999.
Desde o ano 2003 colabora con Creacións Máxicas (Mago Antón) como guionista.