Xiana Lastra Pernas


Data de Nacemento: 12 de novembro de 1983
Lugar de Nacemento: As Pontes (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

FORMACIÓN ACADÉMICA

2001-2005. Licenciatura en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

2005-2008. Licenciatura en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC.

 

OUTROS TÍTULOS E SEMINARIOS

1993-2000. Estudos de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol (ata 2º de grao medio)

1997-2000. Clases de técnica vocal e canto coa mezzosoprano Mª Xosé Ladra.

2001. Curso de informática para a prensa, na USC.

2002. Seminario “A influencia da televisión española en Marrocos. A inmigración. Os medios de comunicación en Marrocos”, na USC.

2003. I Congreso sobre Información Radiofónica, na USC.

2004. Congreso Iberoamericano de Xornalismo Dixital, na USC.

2008. Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP)

2010. Curso de Iniciación ás curtametraxes, Vedra (impartido por Alfonso Zarauza).

 Obras realizadas

EXPERIENCIA PROFESIONAL

07/2005- 09/2005. Convenio en prácticas como redactora no Centro territorial de TVE en Galicia- Santiago de Compostela.

01/12/05- 03/2006. Contrato de redactora no Centro territorial de TVE en Galicia- A Coruña.

01/2007-07/2007. Convenio en prácticas como produtora en Programas de Cultura da TVG- Santiago de Compostela

04/2007-02/2008. Beca na Unidade de Contidos Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación - A Coruña.

Traballo de produción, redacción, gravación, realización, deseño e postprodución.

02/2008-02/2009. Beca Feuga como produtora en Programas de Cultura da TVG- Santiago de Compostela

Produción dos programas Miraxes, Planeta Cine e Libro Aberto.

Axudante de produción na gala de entrega da Medalla de Galicia 2008.

Guión e produción na gala “María Manuela. Habemos de ir”, celebrada no Teatro Jofre en decembro do 2008.

03/2008. Fotografías para o libro de lecturas de 4º de Educación primaria, da colección Os libros de Merlín, de Edicións Xerais.

02/2009 - Ata a actualidade. Contrato de administrativa na Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega - Santiago de Compostela.

Traballo administrativo e de contabilidade.

Colaboración na organización de cursos de formación para o profesorado.

Control publicitario e de distribución da Revista Galega de Educación.

Redacción de artigos para a Revista Galega de Educación.

Deseño gráfico.

Elaboración do vídeo promocional.

Maquetación da Revista Galega de Educación e deseño das portadas.

03/2009 - Ata a actualidade. Promoción e produción musical de grupos:

Odaiko Percussion Group, Supersandwich, Pito de Pikasso, María Manuela ou Balakandra.

26/10/2009. Presentación da XXI Xuntanza de Gaiteiros Airiños de Fene.

08/03/2010. Presentación da Homenaxe a Anita, organizada pola Secretaría da Muller da CIG con motivo do Día da muller traballadora.

10/11/2010. Presentación e organización do concerto Música e Educación en concerto! para a asociación pedagóxica Nova Escola Galega.

03/01/2011-15/09/2011. Diversos contratos como redactora de informativos en Televisión de Galicia:

Delegacións de Lugo, Ourense e A Coruña

San Marcos: A Revista, TX1, Galicia Noticias, TX Fin de semana.

Abril 2012 - Ata a actualidade. Administradora de Seispés Producións Creativas SL, produtora dedicada á creación audiovisual, deseño gráfico, comunicación e organización de eventos.

Ano 2012. Coautora xunto a Xosé Lastra do libro-disco “O meu primeiro Celso Emilio”, editado por Xerais.

23/2/2013. Profesora no monográfico “O tratamento da voz na música tradicional”, organizado pola asociación Rebulir, en Ramirás.

Ano 2013. Coautora xunto con Xosé Lastra do libro-disco “A miña primeira Rosalía”, editado por Xerais.

Ano 2013. Deseño da portada do libro “Educación: dereito ou mercadoría?”, de María Dolores Candedo Gunturiz, editado por Laiovento.

 

OUTROS TRABALLOS

2007. Traballos de dirección, produción, gravación, realización e edición da docu-reportaxe “Tempo de teatro”, emitida en Correo TV dentro do programa cultural Vía Láctea.

2008. Traballos de dirección, produción, gravación, realización e edición do documental “Ferrol: cidade da ilustración” (traballo fin de carreira realizado xunto a Elena Mareque)

2010. Codirección xunto a Adrián Gómez da curtametraxe “Café só”.

 Outros datos de interese

- Integrante do grupo Ledicia, de Ferrol, desde 1988 ata 2009.

- Colaboración durante os anos 2002 e 2003 no Orfeón Terra A Nosa, de Santiago de Compostela.

- Colaboración no ano 2002 co grupo folk Árdelle o Eixo.

- Participación como cantante na gala retransmitida pola TVG “María Manuela. Habemos de ir”, en decembro do 2008.

- Colaboración na xira de María Manuela organizada polo Xacobeo para o ano 2009.

- Cantante do grupo Odaiko Percussion Group desde xuño do 2010.

- Cantante xunto a Mini, Mero e María Manuela nos proxectos “O meu primeiro Celso Emilio” e “A miña primeira Rosalía”.

- Colaboración no documental Cantares Gallegos, da TVG, cantando o poema “Adiós ríos, adiós fontes”.