Xesús M. Méndez Padín Vilalonga


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 13 de decembro de 1965
Lugar de Nacemento: Vilalonga (Pontevedra)
 Currículum

Iníciase no coñecemento da pedra en 1979 e ó mesmo tempo comeza a súa aprendizaxe no mundo da pintura da man de Roxelio Lorenzo.
Nos primeiros anos céntrase na actividade pictórica case exclusivamente, pero un inquedo Manolo Paz ensínalle a mergullarse nas formas e nos ritmos da pedra. Esta experiencia faille iniciar unha viaxe na procura da súa identidade como canteiro e escultor.
Xesús atopa as súas referencias no clasicismo, pero tal e como chega ós nosos días, é dicir, mutilado e patinado polo paso do tempo.
Reconstrúe unha paisaxe humana que dorme arrolada na historia e a mitoloxía.
Dende o ano 1988 concilia a súa produción artística co desempeño da actividade docente, imparte clases de talla de pedra e modelado en diversos centros de formación.
Entre 1995 e 2006 imparte clases na Escola de Canteiros de Poio.
Nos últimos anos dedícase á formación ocupacional de adultos e á intervención en espazos públicos e interiores, colaborando cos seus amigos e escultores Tania Rodríguez e Carlos Salas.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS
1981 e 1982: Exposición colectiva (Poio).
1983: Exposición colectiva (Baiona) e “Novos Valores”, Bienal de Pontevedra.
1984: Exposición colectiva. San Martín Pinario (Santiago), exposición en Sanxenxo, “Novos Valores”, “Identidade e Arte” (Pontevedra), 4º Certamen Escultura de Alcobendas (Madrid), “Identidade e Arte”, Museo de Vigo e Exposición Bicentenario de BB. AA. de San Eloy (Salamanca).
1985: Exposición Caja de Pontevedra.
1987: Técnicas de Impresión (Vigo).
1993: Exposición colectiva (Tui) e 1ª Bienal pintor Laxeiro.
1994: Exposición FEC (A Estrada).
1995: 2ª Bienal pintor Laxeiro e exposición na Sala Rivas Briones (Vilagarcía).
1996. Exposición na sala municipal do Porriño.
1997. Galería Área Central (Santiago).
1998. Colectiva Área Central (Santiago).
1999. Colectiva na Sala Borrón 4 (Cambados) e Subasta Millenium (Santiago).
2000. Galería Borrón 4 (Cambados).
2001. Galería José Lorenzo (Santiago).
2004. “Escultura Arquitectónica?”, Narón (A Coruña) e exposición na Sala Pardo Bazán (Sanxenxo).
2005. Sala Emsambla (Pontevedra) e “12 Diálogos”, Galería José Lorenzo (Santiago).
2006. Sala Campo das Redes (Redondela), Galería José Lorenzo (Santiago) e Sala de Arte (Redondela).
2007. “Arte Solidario”, Galería José Lorenzo (Santiago).
2008. Colectiva na Sala DBuxo (Arcade), "Xéneros" (Redondela) e Galería Borrón 4 (Cambados).

 Outros datos de interese

OBRA EN COLECCIÓNS PARTICULARES:
Reino Unido.
Alemaña: Sttutgart e Frankfurt.
España: Santiago, Vigo, Valencia, Murcia e Madrid.

OBRA PÚBLICA:
Monumento a Ofelia Nieto en Santa Justa (Sevilla).
Monumento ao poeta Acuña en Poboa de Trives (Ourense).
Homenaxe ao Voluntario en Sanxenxo (Pontevedra).