Xesús Álvarez Lozano


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 21 de marzo de 1959
Lugar de Nacemento: Sistallo - Cospeito (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Iniciouse na música tocando a guitarra de forma autodidacta. Formou parte do grupo Brath desde a súa creación en 1981 ata 1997. Ademais de acordeonista, teclista e guitarrista, compuxo diversos temas gravados polo grupo e fuxo arranxos doutros moitos. Durante este período cursou estudios de solfexo, piano e harmonía nos conservatorios da Coruña e Lugo. Máis tarde, impartiu clases en diversos centros e asociacións, como María Castaña ou San Román da Retorta. Posteriormente dirixiu o Grupo Municipal de Gaitas do Concello de Cospeito. Paralelamente forma parte do grupo folk Veria, que xurdiu en Cospeito, como acordeonista. Tamén compuxo obras para diversos instrumentos e formacións.

 Obras realizadas

Entre as súas obras máis importantes podemos destacar: Lúa de Xaneiro, A Carricanta, Mercurín, estas tres con Brath, Alalá e jota da Ribeiroa, obra para gaita e piano que gañou a 1ª edición do concurso “Constantino Bellón” para gaita galega solista, Chairega e San Paio dos Redos, para coro a tres voces dedicado á romaría que se celebra na capela de San Paio en Sistallo.