Estudiou no Conservatorio de Santiago de Compostela (método Kódaly), na Escola de Música de Santiago (Diploma Profesional), no Berklee College of Music en Boston (EE UU) (Licenciatura dobre e cum laude en Piano e Jazz). Tivo como mestres a Suso Atanes, Joanes Brackeen, Pave Schmelling, Hal Crook, Greg Hopkins, Ray Santis e Dave Frank. Actualmente compaxina a interpretación coa composición e coa docencia.
Colaborou con Paco Charlín, Val Tzenkov, Miguel Zenón, Jamey Haddad, Skip Hadden, Mike Mossman, Jesús Santandreu e Jeff Harrington. Lidera o Abe Rábade Trío desde 1996. É autor para a Berklee Concert Jazz Orchestra (Boston, EE UU) e para a S E M Big Band (Santiago). É autor de 45 composicións orixinais para grupo de jazz de cámara (trío e quinteto acústicos), de 10 composicións para Orquestra de Jazz, obras que ten interpretado en España, Boston, Nova Orleans e Alaska. É, tamén, autor de 2 traballos de investigación para a Xunta de Galicia sobre as Cantigas Medievais de Alfonso X e Martín Códax.Acaba de saír á luz o seu primeiro álbum Babel de Sons.
Conseguiu os seguintes premios: Liberace Foundation Award (1997), Jazz Piano Performance Award (1999) e Claire Fischer Composition Award (1999). É un grande admirador de John Coltrane como intérprete e líder de grupo e de Duke Ellington como compositor e arranxista.