Foi Inspector de Hixiene Pecuaria da provincia de Ourense. En 1917 reiniciou a publicación do periódico O tío Marcos da Portela, que volvería a desaparecer ó ano seguinte.
En tódalas súas obras emprega unha linguaxe clara e directa con giros populares e vocablos dialectais propios da provincia de Ourense. As súas primeiras publicacións referidas ó seu traballo foron: Instruccións profilácticas e curativas sobre as enfermidades infecto-contaxiosas máis frecuentes nos gandos da provincia (Ourense, 1911), Xeneralidades sobre hixiene pecuaria (Ourense, 1912), La mejora de los vacunos (Ourense, 1913).Como poeta lírico retratou a vida rural galega e fixo composicións, moitas veces en forma dialogada, como A carón do lume (Ourense, 1918) e Cóxegas e moxetes (Ourense, 1928).Con respecto ó teatro, a súa producción teatral recóllese en dous tomos: Monifates e Farsadas, ámbalas dúas editadas en Ourense en 1928. O primeiro tomo, Monifates, consta de varias pezas: Almas sinxelas, Tratos, Luis de Castromouro, A retirada de Napoleón, Todo ten goberno, Un home de sorte e O cego da Xestosa. O segundo tomo consta das seguintes obras: Os trasacordos de Mingos, Soledá, Vida Vilenga, Marta, Na corredoira, Estebiño e Marzadas.