Elena Cartea


Categoría: Investigadora científica do CSIC
Data de Nacemento: 29 de setembro de 1967
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Investigadora científica del Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na Misión Biolóxica de Galicia (MBG).

Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1990) e “Master of Science” polo Instituto Agronómico Mediterráneo de Zaragoza (IAMZ, 1993). Obtivo o doutoramento en Bioloxía pola USC en 1995 coa tese “Potencial del germoplasma del maíz grano para mejorar la adaptación del maíz dulce” dirixida por Rosa Ana Malvar.

Iniciou a súa carreira científica na MBG (CSIC) como bolseira de predoutoramento da Deputación de Pontevedra. Posteriormente, realizou una estancia de pos-doutoramento durante dous anos no Institute National de la Recherche Agronomique (INRA), na Station de Génétique (Versalles, Francia).

En 1997 regresa a España para incorporarse de novo á MBG como investigadora contratada. Desde o ano 2000 é científica titular do CSIC e na actualidade é investigadora científica na MBG. Desde a súa volta do estranxeiro impulsa a creación do actual Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas da MBG, do que é responsable desde o ano 2000.

Desde maio de 2011 é vicedirectora da MBG.

 Obras realizadas

Ata xullo de 2014, ten participado en máis de 27 proxectos de I+D europeos, nacionais e autonómicos financiados en convocatorias públicas. Entre estes proxectos figuran “Mejora agronómica y nutricional de los cultivos de brassicas” (2003-2006), “Recursos genéticos del género Brassica: prospección, recolección y caracterización” (2006-2009), “Potencial fitogenético de grelos y nabizas” (2006-2009), “Effect of northern conditions on health related properties of selected Brassica vegetables in Norway” (2008-2011), “Brassica selection criteria for the identification of the Most Appropriate Accessions: Relate to the Brassica oleracea of Iberian Collection” (2011-2012), “Conservación de la colección de germoplasma de brásicas hortícolas” (2008-2011) e “Calidad y resistencia a estreses bióticos en los cultivos de brásicas: papel de los metabolitos secundarios” (2010-2012).

Na actualidade, é a investigadora principal dos proxectos “Genética y mejora de Brásicas hortícolas: papel de los metabolitos secundarios”, “Network QTL mapping of circadian clock” e “Caracterización de recursos agroalimentarios y marinos de Galicia y valoración de su potencial como fuente de salud. INNGAL AGROMARSALUD 2013” (Proyecto CDTI-Consorcio Empresas).

Ten participado e participa en distintos convenios con administracións e contratos de I+D de especial relevancia con empresas do sector agro-alimentario no marco de diferentes proxectos de investigación.

Ten publicado máis de 60 artigos científicos en revistas de impacto incluídas no SCI, entre as que figuran Phytochemistry, Journal of Agriculture and Food Chemistry, Molecules e Plant Foods for Human Nutrition and Oecologia.

Autora de máis de 10 capítulos de libros relacionados coa mellora xenética das brásicas hortícolas e o seu papel na prevención do cáncer. Ademais, é autora, xunto con persoal do Grupo de Brásicas da MBG, do libro “Plagas y enfermedades de los cultivos de brásicas”, editado pola Deputación de Pontevedra.

Así mesmo, ten participado en diferentes programas e proxectos de divulgación científica (Diverciencia, ExperiCiencia…).

Participou na dirección de diversas teses de doutoramento, teses de licenciatura y de Traballos de Investigación Tutelados (TIT) para a obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e o Grao en Bioloxía.

 

Liñas de investigación:

As súas liñas de investigación versan sobre a mellora xenética e os recursos fitogenéticos dos cultivos de brásicas hortícolas (verza, repolo, brécol, coliflor, grelos, nabicol,…) centrándose fundamentalmente na calidade nutricional e a resistencia a factores bióticos e abióticos.

Dirixe as investigacións sobre o estudo dos mecanismos que as plantas utilizan para facer fronte a diferentes tipos de estrés biótico e abiótico e sobre a cualidade nutricional centrada en determinar os factores xenéticos e ambientais implicados na síntese de compostos bioactivos presentes nestes cultivos (glucosinolatos, compostos fenólicos, vitaminas e outros metabolitos antioxidantes).

É responsable da investigación levada a cabo sobre os efectos biolóxicos dos glucosinolatos relacionados coa saúde humana a partir do estudo do seu papel anti-canceríxeno en diferentes liñas celulares.