Fixo os estudos de Filoloxía Románica (sección de Español) na Universidade de Santiago de Compostela.
Exerceu como profesor de Lingua Castelá e Galega en colexios privados de B.U.P. entre os anos 1976 e 1984.
En 1984 fixo as oposicións a mestre de Primaria en Barcelona e permaneceu nove anos como docente naquela comunidade ata o ano 1993, en que solicitou o traslado a Galicia, onde continúa traballando dentro do ensino público no CEIP “Luís Pimentel” de Lugo.
En 2013 obtivo o XXXVIII Premio Nacional de Poesía sobre o Nadal, do Centro Cultural "José Domínguez Guizán", de Begonte, polo poema titulado 'Romance dos dous Xosés'.